A barita (tamén chamada baritina; do grego baros que significa pesado) é un mineral da clase dos sulfatos cuxa fórmula química é BaSO4 (sulfato de bario).
Aspecto
Os cristais de barita son xeralmente tabulares e paralelos á base. Se os cristais tabulares son diverxentes forman o que se chama rosa de barita, moi parecida esteticamente á rosa do deserto do xeso.
Lugares onde se atopa
É un mineral moi común. Aparece frecuentemente nos filóns de minerais metálicos da mesma forma que o fai o cuarzo e a calcita.
Usos da barita
A barita é a principal fonte de bario. Debido a súa alta densidade (para tratarse dun mineral non metálico) a barita é usada nos lodos de perforación de pozos.
Outros sulfatos
Outros sulfatos importantes son a anglesita, a anhidrita, a celestina e o xeso.
Categoría:Minerais