thumb|left|Modernos edificios en Moscova. Rusia ten pasado por importantes transformacións desde o fin da Unión Soviética, saíndo dunha economía illada e planeada centralmente, para unha economía de mercado globalmente integrada. As reformas económicas dos anos 1990 privatizaron gran parte da industria, coa notable excepción dos sectores de enerxía e militar.
Con todo, o rápido proceso de privatización, incluíndo un sistema de empréstito para a compra de accións, permitiu a formación de "oligarquías" económicas con fortes relacións políticas, que deixaron a propiedade das empresas privatizadas altamente concentrada en poucas mans. A protección aos dereitos de propiedade é pequena e o sector privado está suxeito a intervencións do Estado.
O 2006 a economía da Rusia creceu polo oitavo ano consecutivo despois da crise de 1998. O petróleo e os seus derivados, así como o gas natural son hoxe os seus principais produtos de exportación. A súa industria pode ser dividida en dous bloques: un con grandes produtoras de materias primas, que teñen competitividade global - o 2009 Rusia transformouse no principal exportador de petróleo e gas natural do mundo, así como o terceiro exportador mundial de aceiro e aluminio primario - e outro con outras industrias pesadas menos eficientes, altamente dependentes dos mercados consumidores locais.
O PIB do país atinxiu 535 mil millóns de dólares en 2004, facendo da economía rusa a 16ª economía mundial, sendo que Moscova, concentra o 30% da produción do país.
O país asinou un acordo bilateral cos Estados Unidos como un preludio a unha futura adhesión á OMC.
Desafíos recentes Un dos maiores desafíos dos formuladores da política económica rusa é o de incentivar o desenvolvemento de pequenas e medianas empresas nun ambiente empresarial dominado por oligarcas e dotado dun sistema bancario xove e pouco eficiente. Moitos dos bancos rusos pertencen a grandes empresarios ou oligarcas, que usan frecuentemente os depósitos para financiar os seus propios negocios. O Banco Europeo para Reconstrución e o Desenvolvemento e o Banco Mundial tentaron normalizar as prácticas bancarias facendo investimentos en accións ordinarias e na débeda, mais cun éxito moi limitado.
Outros problemas inclúen un desenvolvemento económico desigual entre as rexións do país. Mentres que a rexión de Moscova, coa súa inmensa poboación de 20 millóns de habitantes, é unha metrópole moderna, con sectores de tecnoloxía de punta e renda per cápita próxima á das economías máis fortes da eurozona, o resto do país, en especial as comunidades rurais da Asia, vive como vivía no fin da Idade Media. A integración ao mercado tamén se fai sentir noutras cidades grandes como San Petersburgo, Kaliningrado e Ekaterimburgo.
Estimular o investimento estranxeiro é tamén un gran desafío. Até agora, o país ten se beneficiado do aumento nos prezos de petróleo e ten sido capaz de pagar unha boa parte da súa débeda externa, que era xigantesca. O reinvestimento dos lucros obtidos pola explotación de recursos naturais noutros sectores da economía tamén é un problema.
A prisión en 2003 dun dos oligarcas rusos, Mikhail Khodorkovski, á época o máis rico empresario do país, acusado de fraude, evasión fiscal e corrupción durante as grandes privatizacións conducidas no goberno de Boris Eltsin, xerou certa desconfianza entre os investidores estranxeiros. Khodorkovski foi xulgado en 2010 e condenado a 14 anos de prisión. Moitas das grandes fortunas actuais, na Rusia, parecen ter resultado da adquisición de propiedades estatais a moi baixo prezo ou da adquisición barata de concesións gobernamentais. Outros países manifestaron a súa preocupación coa aplicación "selectiva" da lei contra empresarios individuais.
Notas
Véxase tamén
Rublo ruso Casa da Moeda de San Petersburgo