Xan López Saborido, nado en Vigo en 1982, é un programador, ensaísta e pensador marxista galego especializado en ecoloxía política.
Traxectoria Fillo do sindicalista Xaquín López Facal e sobriño do economista e político Xoán López Facal, desenvolveu a súa actividade profesional no ámbito do cooperativismo e da análise política e económica. Desde 2009 é membro da empresa de software libre Igalia.
Ao longo da súa traxectoria interesouse especialmente polos retos derivados da crise climática e pola transformación dos modelos económicos e produtivos. É membro do colectivo Corriente cálida, dedicado á reflexión sobre a transición ecolóxica, e publicou artigos e ensaios en medios como El País, eldiario.es e Público, nos que analiza cuestións relacionadas coa política climática, a economía, a enerxía e as institucións democráticas.
A partir de 2020 ten publicado artigos e capítulos en libros sobre neoliberalismo, capitalismo, partidos de masas e transición ecolóxica. En 2026 publicou en castelán El fin de la paciencia, un ensaio de inspiración marxista (Gramsci, Bloch), onde propón unha reflexión sobre as limitacións das respostas tradicionais da esquerda e do ecoloxismo fronte á emerxencia climática e defende unha estratexia baseada no pragmatismo político e na construción de novas maiorías sociais.
Obra El fin de la paciencia (Anagrama, 2026).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cambio climático
Ligazóns externas Ficha de autor en Anagrama
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Ensaístas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Ecoloxistas de Galicia