Rudolf Ludwig Karl Virchow (en alemán [ˈʁuːdɔlf ˈvɪʁço], orixinalmente [ˈfɪʁço]), nado o 13 de outubro de 1821, finado o 5 de setembro de 1902, foi un médico, antropólogo, patólogo, prehistoriador, biólogo, escritor, editor e político alemán. O seu primeiro nome tamén pode aparecer escrito Rudolph (ou Rudolphus en latín), e o terceiro nome tamén se escribe Carl. É coñecido como o "pai da patoloxía moderna" e como o fundador da medicina social, e para os seus colegas como o "Papa da medicina".
Virchow estudou medicina na Universidade Friedrich Wilhelm co profesor Johannes Peter Müller. Mentres traballaba no hospital da Charité, as súas investigacións da epidemia de 1847–1848 de tifo na Alta Silesia levaron á fundación da sanidade pública en Alemaña, e achaiaron o camiño para a súa carreira política e social. El acuñou o aforismo: "A Medicina é unha ciencia social, e a política non é outra cousa que Medicina a grande escala". A súa participación na Revolución de 1848 causou a súa expulsión da Charité o seguinte ano. El despois publicou o xornal Die Medizinische Reform (A Reforma Médica). ocupou a primeira cátedra de Anatomía patolóxica na Universidade de Würzburg en 1849. Despois de sete anos, en 1856, a Charité reincorporouno no seu novo Instituto de Patoloxía. Cofundou o partido político Deutsche Fortschrittspartei, e foi elixido para a Cámara de Representantes de Prusia e obtivo un escano no Reichstag. A súa oposición á política financeira de Otto von Bismarck acabou orixinando que fose retado a un duelo por este último. Porén, Virchow apoiou a Bismarck nas súas campañas anticatólicas, que el chamou Kulturkampf ("loita cultural").
Foi un prolífico escritor, que publicou máis de 2000 escritos científicos. A obra Patoloxía celular (1858), considerada a raíz da patoloxía moderna, introduciu a terceira sentenza da teoría celular: Omnis cellula e cellula ("todas as células proceden doutras células"), aínda que este concepto é agora amplamente recoñecido como plaxiado de Robert Remak. Foi o cofundador do Physikalisch-Medizinische Gesellschaft en 1849 e do Deutsche Gesellschaft für Pathologie en 1897. Fundou xornais como Archiv für Pathologische Anatomie und Physiologie und für Klinische Medicin (con Benno Reinhardt en 1847, posteriormente renomeado como Virchows Archiv), e Zeitschrift für Ethnologie (Xornal de Etnoloxía). Ese último publicado pola Asociación Antropolóxica Alemá e a Sociedade de Antropoloxía, Etnoloxía e Prehistoria de Berlín, sociedades das que el mesmo foi o fundador.
Virchow foi o primeiro que describiu e nomeou doenzas como a leucemia, cordoma, ocronose, embolismo e trombose. Acuñou termos biolóxicos como "neuroglía", "axénese", "parénquima", "osteoide", "dexeneración amiloide", e "espiña bífida"; termos como ganglio de Virchow, espazos de Virchow-Robin, síndrome de Virchow-Seckel e tríade de Virchow levan o seu nome. A súa descrición do ciclo vital do verme nematodo Trichinella spiralis influíu nas prácticas da inspección das carnes. Desenvolveu o primeiro método sistemático de autopsia, e introduciu a análise dos cabelos na investigación forense.
Opúxose á teoría xerminal das enfermidades e rexeitou a idea de Ignaz Semmelweis de desinfectar. Era moi crítico co que el describiu como "misticismo nórdico" sobre o concepto de raza aria. Como antidarwinista que era, chamaba a Charles Darwin "ignorante" e ao seu propio estudante Ernst Haeckel "parvo". Describiu o espécime orixinal do home de Neanderthal como un simple home deformado.
Primeira parte da vida miniatura|esquerda|150px|Virchow cando era novo. Virchow naceu en Schievelbein, en pomerania oriental, Prusia (agora Świdwin, Polonia). Era o único fillo de Carl Christian Siegfried Virchow (1785–1865) e Johanna Maria nacida Hesse (1785–1857). O seu pai era un granxeiro e tesoureiro da cidade. Foi academicamente brillante e sempre destacaba nos estudos; falaba fluidamente alemán, latín, grego, hebreo, inglés, árabe, francés, italiano e holandés.
Pasou ao gymnasium (instituto) en Köslin (agora Koszalin en Polonia) en 1835 coa intención de chegar a ser pastor. Graduouse en 1839 cunha tese titulada Unha vida chea de traballo e esforzo non é unha carga senón unha bendición. Porén, elixiu estudar medicina principalmente porque consideraba que a súa voz era demasiado débil para predicar.
Carreira científica miniatura|Pedra memorial de Rudolf Virchow na súa cidade natal de Świdwin, agora en Polonia En 1839 recibiu unha bolsa de estudos militar que se daba a nenos con grandes cualidades de familias pobres para que fosen cirurxiáns do exército, para estudar medicina na Universidade Friedrich Wilhelm de Berlín (agora Universidade Humboldt de Berlín). Estivo principalmene influenciado por Johannes Peter Müller, o seu director de tese. Virchow defendeu a súa tese de doutoramento titulada De rheumate praesertim corneae (manifestacións corneais da doenza reumática) o 21 de outubro de 1843. Nada máis graduarse pasou a ser médico subordinado a Müller. Pouco despois, fixo un período de prácticas no Hospital da Charité de Berlín. En 1844 nomeárono médico axudante do prosector (médico que realiza diseccións e autopsias) Robert Froriep, de quen aprendeu microscopia e lle espertou interese pola patoloxía. Froriep foi tamén o editor dun xornal de resumos que se especializaba en traballos estranxeiros, que lle deu inspiración a Virchow polas ideas científicas que circulaban en Francia e Inglaterra.
Publicou o seu primeiro artigo científico en 1845, dando as primeiras descricións patolóxicas coñecidas da leucemia. Aprobou o seu exame de licenciatura médica en 1846 e inmediatamente sucedeu a Froriep como prosector de hospital na Charité. En 1847 asignáronlle o seu primeiro posto académico co rango de privatdozent. Como os seus artigos non recibían unha atención favorable dos editores alemáns, fundou Archiv für Pathologische Anatomie und Physiologie und für Klinische Medicin (agora coñecido como Virchows Archiv) co seu colega Benno Reinhardt en 1847. Despois da morte de Reinhardt en 1852, editouno el só ata a súa propia morte. Esta revista científica publicaba artigos críticos baseados no criterio de que non se publicarían artigos que contivesen ideas desactualizadas, non comprobadas, dogmáticas ou especulativas.
A diferenza dos seus colegas alemáns, Virchow tiña unha gran fe na observación clínica, na experimentación animal (para determinar as causas de doenzas e efectos de fármacos) e na anatomía patolóxica, especialmente a nivel microscópico, como principios básicos de investigación en ciencias médicas. Foi máis alá e afirmou que a célula era a unidade básica do corpo que debía ser estudada para comprender as doenzas. Aínda que o termo "célula" xa fora acuñado en 1665 durante as primeiras aplicacións do microscopio á bioloxía do científico inglés Robert Hooke, os bloques construtores do corpo aínda se consideraba daquela que eran os 21 tecidos de Bichat, un concepto descrito polo médico francés Xavier Bichat.
O goberno de Prusia empregou a Virchow para que estudase o tifo epidémico na Alta Silesia en 1847–1848. Nesta cmapaña médica desenvolveu as súas ideas sobre política e medicina social despois de ver as vítimas e a súa pobreza. Malia non ter un gande éxito en combater a epidemia, o seu escrito de 190 páxinas Informe sobre o tifo epidémico na Alta Silesia en 1848 converteuse nun punto de inflexión en política e sanidade pública en Alemaña. Tornou a Berlín o 10 de marzo de 1848, e só oito días despois, estalou unha revolución contra o goberno na cal el tivo participación activa. Para loitar contra a inxustiza política axudou a fundar en xullo dese ano Die Medizinische Reform (A Reforma Médica), un semanario que promovía a medicina social. Esta revista publicábase baixo os titulares "a medicina é unha ciencia social" e "o médico é o avogado natural dos pobres". As presións políticas forzáono a terminar a súa publicación en xuño de 1849, e foi expulsado do seu posto oficial.
En novembro de 1848 déronlle un nomeamento académico e marchou de Berlín para ir á Universidade de Würzburg para tomar posesión da primeira cátedra en Alemaña de Anatomía patolóxica. Durante o seu período de sete anos alí, concentrouse no seu traballo científico, incluíndo estudos detallados da trombose venosa e a teoría celular. O seu primeiro traballo importante alí foi a obra en seis volumes Handbuch der speciellen Pathologie und Therapie (Manual de patoloxía especial e trapéutica), publicado en 1854. En 1856 volveu a Berlín para ocupar a cátedra de nova creación de Anatomía patolóxica e Fisioloxía na Universidade Friedrich-Wilhelms, e como director do Instituto de Patoloxía de nova construción no recinto da Charité. Mantívose nese último posto os seguintes vinte anos.
Bioloxía celular miniatura|upright=1.15|Ilustración da teoría celular de Virchow.
Virchow coñécese como o autor de varios descubrimentos clave. A súa contribución científica máis amplamennte coñecida é a súa teoría celular, que se baseou nos traballos de Theodor Schwann. Foi un dos primeiros que aceptou o traballo de Robert Remak, quen mostrou que a orixe das células era a división de células preexistentes.Lois N. Magner A history of the life sciences, Marcel Dekker, 2002, , p. 185 Inicialmente non aceptaba as probas da división celular e cría que esta ocorría só en determinados tipos de células. Cando se convenceu en 1855 que Remak podía ter razón, publicou os traballos de Remak como propios, causando unha ruptura entre ambos.
Virchow estivo especialmente influenciado na teoría celular polo traballo de John Goodsir de Edimburgo, a quen describiu como "un dos primeiros e máis agudos observadores da vida celular tanto fisiolóxica coma patolóxica". Virchow dedicou a súa magna obra Die Cellularpathologie a Goodsir.Gardner, D. John Goodsir FRS (1814–1867): Pioneer of cytology and microbiology. J Med. Biog. 2015;25:114–122 A teoría celular de Virchow foi fixada no epigrama Omnis cellula e cellula ("todas as células (proceden) de células"), que publicou en 1855. (O epigrama fora en realidade acuñado por François-Vincent Raspail, pero popularizado por Virchow.) É un rexeitamento do concepto de xeración espontánea, que sostiña que se podían orixinar organismos a partir de materia non viva. Por exemplo, críase que podían aparecer vermes espontaneamente a partir da carne en descomposición; Francesco Redi levou a cabo experimentos que desbotaban esta noción e acuñou a máxima Omne vivum ex ovo ("cada ser vivo procede doutro ser vivo" ou, literalmente, "dun ovo"); Virchow (e os seus predecesores) ampliaron isto afirmando que a única fonte para formar unha célula viva era outra célula viva,Virchow, R. (1858). Cellular pathology: As based upon physiological and pathological histology, 20 lectures delivered in the Pathological Institute of Berlin, during Feb. Mar. and Apr. 1858. Nova York: De Witt. e a noción pasou a ser coñecida como teoría da "bioxénese".
Cancro En 1845 Virchow e John Hughes Bennett independentemente observaron aumentos anormais de leucocitos no sangue dalgúns pacientes. Virchow identificou correctamente a condición como unha enfermidade sanguínea e denominouna leukämie en 1847 (leucemia). En 1857 foi o primeiro en describir un tipo de tumor chamado cordoma que se orixinaba no clivo (na base do cranio).
Teoría da orixe do cancro