Horta-Guinardó é un distrito da cidade de Barcelona, en Cataluña. É o terceiro distrito máis extenso, despois de Sants-Montjuïc e Sarrià-Sant Gervasi.

Localización e características Ten unha superficie de 1.192 ha, representa o 11,9% da extensión total do municipio. A súa poboación era de 169.739 habitantes o ano 2006.

Está situado no sector nordés da cidade, entre os distritos de Gràcia e Nou Barris. Limita tamén polo sur co Eixample, Sant Andreu e Sant Martí, e polo norte, a través da Serra de Collserola, cos municipios de Sant Cugat del Vallès e Cerdanyola del Vallès.

A topografía variada e, nalgúns lugares, difícil condicionou o seu proceso de urbanización do chan e, polo tanto, da súa habitación.

Barrios 210px|miniatura|Barrios do distrito As súas unidades territoriais básicas ou barrios son: el Baix Guinardó Can Baró el Carmel la Clota la Font d'en Fargues el Guinardó Horta Montbau Sant Genís dels Agudells la Teixonera la Vall d'Hebron

Galería de imaxes

Véxase tamén

Categoría:Distritos de Barcelona