Guitiriz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.564 habitantes (5.972 no 2006, 6.041 no 2005, 6.086 no 2004, 6.131 no 2003). O xentilicio é ou .

Etimoloxía O topónimo Guitiriz ten orixe xermánica. Vén do nome do rei suevo Witerico, a quen se lle atribúe a fundación do lugar no século VI.

Historia A pegada de poboamentos humanos máis antigos é o sitio arqueolóxico de Pena Xiboi, (8000-5000 a. C.), situado na aldea da Tolda, na parroquia de Parga, preto do muíño da Ruxida. Foi declarado Ben de Interese Cultural, e a carón del hai un cruceiro colocado polos veciños xunto cunha placa conmemorativa en memoria dos seus antepasados.

Da cultura megalítica abundan monumentos fúnebres, como as mámoas, medorras ou modias, destacando as modias do Castro no Buriz, a modorra da Agra Branca en Santa Locaia de Parga, e a medorra do Cotarro nas Negradas.

A cultura castrexa deixou unha forte pegada, atopándose no cumio do monte a meirande parte dos restos achados. Destacan dous poboados: o castro de Belote, en Lagostelle, de planta circular, ten un foxo duns 5 metros de ancho, e é o que conserva maior número de murallas entre os castros de Guitiriz; e o castro das Quenllas do Forno, situado no lugar do Forno, na parroquia do Buriz. Este último ten planta completamente circular, presenta grandes e profundos foxos e consérvanse tres murallas que o bordean, agás polo norte.

No século XIV a totalidade da comarca da Terra Chá, incluíndo Guitiriz e a súa capital, Vilalba, pasaron a ser parte dos dominios de Fernán Peres de Andrade, de cuxa familia serían os primeiros condes de Vilalba durante o reinado dos Reis Católicos.

En 1840 creouse o concello de Trasparga, asumindo os de Parga e Guitiriz, desaparecendo o de Baamonde, creados en 1835. En 1945 o concello de Trasparga pasou a denominarse concello de Guitiriz, con capitalidade nesa mesma vila.

Sábese que no século XIX o camiño que se dirixía desde Guitiriz cara a Curtis podía ser obxectivo de bandidos ou asaltadores, por iso, no reinado de Isabel II (1833-1868) construíuse na vila guitiricense un edificio para os viaxeiros poderen facer un alto na viaxe se anoitecese. Dita construción serviu tamén para cobrar a portaxe.

Xeografía 20px Climatoloxía20px Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec AnoTemperatura mínima (°C)2.7 4.9 7.49.211.214.116.717.214.812.610.38.911.4Temperatura máxima (°C)10121415182123242218131117.4Precipacións totais (mm)128102798580423035681101141351008Humidade (%) 76767375777779787878787777Precipitacións (≥ 1 mm)14141213117568121415131Horas de sol108112155167191220240240179150107931966Fonte: Aemet Agencia Estatal de MeterologíaValores medios medidos en el observatorio de Guitiriz (1971-2000) Data: 4-6-2011.

Patrimonio Entre a arquitectura relixiosa son salientables as igrexas do Sagrado Corazón de María de Lagostelle, a de San Xoán de Lagostelle, a de Santo Estevo de Parga e a de Santa María de Labrada, así como a capela de Santo Alberte de Parga e a de Bascuas (esta última adicada a museo).

Hai tres pazos destacables, o do Marqués de Camarasa, o da Pontella e o de Casanova.

Unha ruta homologada de sendeirismo, PR-G 99 "Ruta da Auga", lineal, duns 20 km, vai da Ponte de Santo Alberte ata o Balneario de Pardiñas. Achegándose ata a Fonte de Valdobín e o Balneario de Guitiriz.

Guitiriz na cultura popular Santo Alberte e San Salvador considéranse avogosos contra a rabia, e a eles acoden as persoas mordidas por cans supostamente doentes. Venéranse nas parroquias de San Breixo de Parga e San Salvador de Parga, respectivamente Jesús Rodríguez López, 99..

Poboación

Censo total 2014 5.564 habitantes Menores de 15 anos 495 (8.9 %) Entre 15 e 64 anos 3.344 (60.1 %) Maiores de 65 anos 1.725 (31 %) Evolución da poboación dende 1857.

Galería de imaxes

Lugares de Guitiriz Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Guitiriz vexa: Lugares de Guitiriz.

Parroquias

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Eleccións municipais en Guitiriz Ligazóns externas Páxina web do concello PR-G 99 Rota da Auga de Guitiriz - SEGATUR

Categoría:Guitiriz Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía