A ε-amanitina (épsilon-amanitina) é un péptido cíclico. É unha amatoxina, todas as cales se atopan en varias especies de cogomelos do xénero Amanita. A LD50 oral da ε-amanitina é de aproximadamente 0,1 mg/kg.
Toxicoloxía Igual que outras amatoxinas, a ε-amanitina é un inhibidor da ARN polimerase II. Despois da inxestión, únese ao encima ARN polimerase II, o que impide completamente a síntese de ARN mensaxeiro, o que causa a citólise dos hepatocitos (células hepáticas) e das células renais.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Intoxicación por cogomelos velenosos Amanitina
Ligazóns externas Amatoxins REVISED Cogomelos velenosos (en alemán)
Categoría:Péptidos cíclicos Categoría:Amatoxinas Categoría:Hepatotoxinas