El Extramundi y los papeles de Iria Flavia (decote citada só como El Extramundi) foi unha revista cultural española fundada e dirixida por Camilo José Cela en 1994, de publicación trimestral, que tivo a Francisco García Marquina como subdirector ata 2005, e a Rafael Conte como director adxunto.

Historia

O título da revista evocaba outra revista anterior fundada por Cela, Papeles de Son Armadans (1956-1979), e tamén aludía a Estramundi, topónimo de dúas aldeas próximas a Iria Flavia (Padrón), onde naceu o escritor e sede da Fundación que leva o seu nome.

Tras a morte de Cela en 2002, a revista publicouse até 2011. Estaba dedicada á creación literaria e á difusión da obra de Cela e os estudos sobre ela, publicada pola Fundación Camilo José Cela. Entre os directores posteriores a Cela estivo, a partir de 2009, o xornalista Ernesto Sánchez Pombo. En xullo de 1998, cadrando co centenario da xeración do 98, a Fundación reuniu en Iria Flavia unha serie de novos escritores apadriñados por Cela: Antonio Álamo, Lola Beccaria, Gabriela Bustelo, Carlos Castán, Luisa Castro, Javier Cercas, Juan Manuel de Prada, Diego Doncel, Lucía Etxebarria, Óscar Esquivias, Francisco Casavella, Luis García Jambrina, Ignacio García-Valiño, Ismael Grasa, Josan Hatero, Begoña Huertas, Gloria Méndez, Toni Montesinos, Antonio Orejudo, Tino Pertierra, Blanca Riestra, Hilario J. Rodríguez Gil, Care Santos, Marta Sanz, Lorenzo Silva e Ángela Vallvey. Asinaron un manifesto que se publicou en El Extramundi xunto cos seus textos literarios. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Revistas galegas

Categoría:Camilo José Cela Categoría:Padrón Categoría:Revistas de España desaparecidas Categoría:Revistas en lingua castelá Categoría:Revistas literarias de España