As Borrallás é unha festa popular de carácter transfronteirizo que se celebra entre As Ellas, no Val de Xálima, e Foios, no concello de Sabugal, en Portugal arredor do Día de Todos os Santos, entre finais de outubro e os primeiros días de novembro. A celebración ten como eixos centrais a castaña e as relacións históricas entre as comunidades da raia e combina gastronomía, música, folclore, actividades culturais e unha ruta que recupera a memoria das antigas vías de contrabando. En 2022 declarouse Festa de Interese Turístico de Estremadura.
Historia miniatura|Igrexa de Foios miniatura|As Ellas á noitada A festa comezou en 1993 <ref name="eldiario2022"></ref> e dende entón As Ellas e Foios, separadas por 17 km, celebraron conxuntamente unha festa de outono arredor da castaña e das relacións entre as dúas localidades raianas. En 1995 ao formalizaren As Ellas e Foios o seu irmandamento a festa adquiriu unha nova dimensión e nese ano inaugurouse unha escultura dedicada ao contrabandista, situada no parque do castelo das Ellas.. A partir de entón consolidouse como unha celebración común das dúas localidades, con alternancia entre elas, nos anos impares organízaa As Ellas e nos pares Foios, aínda que nos últimos anos hai tendencia a celebrala conxuntamente en dous días, un cada localidade, como aconteceu en 2023 e mais en 2025.
Fronteira e contrabando miniatura|A Ruta Internacional do Contrabando cruza o río Coa na serra da Malcata, xa nas proximidades a Foios A proximidade entre as As Ellas e Foios favoreceu durante décadas os intercambios económicos e persoais a través da fronteira, e As Borrallás está especialmente vinculada ao contrabando que se desenvolveu na raia durante o século XX. As dificultades económicas da posguerra e a escaseza de determinados produtos favoreceron, coma en Galicia, o tránsito clandestino de mercadorías entre España e Portugal. Entre os produtos que circulaban polas rutas da fronteira salientaban o café, azucre, fariña, tabaco, xabón, chocolate, olivas, gando e produtos téxtiles. Esta actividade contrabandística non quedou só nunha actividade económica, ao favorecer tamén o contacto entre persoas e contribuír a establecer relacións familiares e matrimonios entre os habitantes das dúas localidades. A festa recuperou esta memoria histórica e a referencia aos antigos contrabandistas funciona sobre de todo como elemento de memoria colectiva e como símbolo das relacións entre as comunidades da raia. Macuteiru Un dos símbolos das Borrallás é a figura do macuteiru, nome que recibe o portador de mercadorías de contrabando en lagarteiro, a variedade local da fala e na escultura dedicada ao contrabandistas realízase anualmente unha tradicional ofrenda floral . Dende 2017 realízase a Ruta Internacional du Contrabandu As Ellas-Foios que une nun itinerario sendeirista as dúas localidades seguindo as antigas rutas utilizadas polos macuteiros.
A festa da castaña A castaña constitúe o elemento gastronómico central da festa das Borrallás. A celebración coincide coa súa época tradicional da recolleita e consumo e o seu asado colectivo é un dos principais actos festivos. Á castaña acompañan produtos propios da gastronomía da zona, entre eles mel, augardente, viño, carne ou olivas. Nas últimas edicións, a dimensión gastronómica da festa alcanzou unha escala considerable. En 2024 preparáronse máis de 400 quilogramos de castañas e en 2025 a organización anunciou máis de 300 quilogramos de castañas, ademais doutros produtos.
Denominación e léxico A festa recibiu ao longo da súa historia diferentes nomes As Borrallás, Festa d'as Castañas As Borrallás-Magusto ou A Festa d'as Castañas. O termo borrallá (borrallada , moita brasa,) pertence ao léxico do lagarteiro, relacionado con borrallu, cognado de borralla. Tradicionalmente no Val as castañas asábanse botándoas directamente nas cinsas, na borralla. Non existe na fala un cognado de magosto, e o que se emprega ás veces na celebración é a forma portuguesa magusto.
Notas
Borrallás, As Borrallás, As