Conde Gyula István Cseszneky de Milvány et Csesznek, nado en Nagymajor (Hungría) en 1914 e finado no Brasil despois de 1956, foi un poeta, tradutor, militar e espía húngaro que participou na reanexión de Transilvania do Norte por Hungría, tivo o cargo de axudante do campo do rei croata Tomislav II e o do gran voivoda macedonio. Tamén foi involucrado en diferentes conspiracións antinazis e xogou un papel importante no rescate dos xudeus perseguidos.

Traxectoria Cseszneky foi o fillo dun nobre empobrecido e da herdeira dun comerciante acomodado. Cursó os seus estudos en Hungría e Italia.Cseszneky de Milvány et Csesznek

En 1940, despois do Segundo arbitraje de Viena participou na reanexión de Transilvania do Norte, e debido ao seu heroísmo excepcional demostrado durante a marcha, Miklós Horthy, Rexente de Hungría conferiulle o título "vitéz".Vitézi Rend

En 1941, durante a segunda guerra mundial, converteuse nun conselleiro de Aimone, que entón era o rei Tomislav II do Estado Independente de Croacia. En agosto de 1943, grazas aos seus amigos influyentes italianos e os seus parentes nos Balcanes, o Conde Cseszneky foi nomeado como gran voivoda macedonio.Szilágyi Aladár: Operettállam

O Conde Cseszneky só foi un gobernador nominal e intentou conseguir contactos cos gobernos aliados. En setembro de 1943, como Alemaña nazi encargouse do exército italiano, obrigóuselle renunciar e foi arrestado pola Gestapo. Conseguiu fuxirse a Hungría onde serviu como contacto entre o goberno de Miklós Kállay e os participantes do golpe antinazi croata Lorković-Vokić."Βοεβοδάτο της Μακεδονίας"Michele Rallo: I “Regni-meteora” nell’Europa Orientale durante le guerre mondiali (“Storia del Novecento”, anno V, n. 89, settembre 2008)

Durante a ocupación alemá de Hungría colaborou con Ángel Sanz Briz e Giorgio Perlasca no rescate dos xudeus perseguidos.Gróf Milványi Cseszneky Gyula és Mihály Emlékbizottság

Logo da guerra, emigrou con Aimone de Aosta á Arxentina e despois morreu no Brasil.Βοεβοδάτο της Μακεδονίας"

Notas

Véxase tamén Bibliografía Szilágyi, Aladár: - Operettállam (in Erdélyi Riport) Andreanu, José: - Los secretos del Balkan Sankó, L.: - A csallóközi nemesi közbirtokosság Toso, Fiorenzo: - Frammenti d'Europa Kalimniou, Dean: - Alkiviadis Diammandi di Samarina (in Neos Kosmos English Edition, Melbourne, 2006) Thornberry, Patrick und Miranda Bruce-Mitford: - World Directory of Minorities. St. James Press 1990 Koliopoulos, Giannēs S. und John S. Koliopoulos: - Plundered Loyalties: Axis Occupation and Civil Strife in Greek West Macedonia. C. Hurst & Co, 1990. Horváth Mihály: A magyar nemzet története Seidl-Bonitz-Hochegger: Zeitschrift für Niederösterreichischen Gymnasien XIV.

Ligazóns externas Aristocracia húngara Balkan Royalty Η συνθηκολόγηση της Ιταλίας στο Β` Παγκόσμιο Πόλεμο

Categoría:Políticos de Hungría Categoría:Militares de Hungría Categoría:Xustos entre as Nacións