La dama joven é unha colección de novelas curtas de Emilia Pardo Bazán con debuxos de Mariano Obiols e fotogravados de Joseph Thomas y Bigas, publicada en 1885 en Barcelona por Daniel Cortezo y Compañía.

Descrición Ambientado en Marineda, trasunto literario da Coruña, o primeiro conto, que lle dá título ao libro, narra a historia de dúas irmás, Dolores e Concha, que se enfrontan á vida dende diversas posturas. A primeira, seducida e resentida, que "aborrecía dos homes", refúxiase nas reixas do confesionario, mentres que Concha loita por acadar unha posición máis elevada socialmente: pasar de costureira a artista de teatro. Escrito en pleno auxe do Naturalismo, o conto reúne técnicas propias desta tendencia: narrador omnisciente, simbolismo dos nomes —Dolores sofre moito, Concha é un ser pechado a calquera influxo, Estrella representa a clarividencia ao descubrir os novos talentos escénicos...— e, o máis significativo, a influencia da herdanza e do ambiente. A novela remata cunha opinión —masculina, algo que chama a atención— sobre o malpocado destino das mulleres, que era tamén a opinión da súa autora: "Lo que le dará ese bárbaro será un chiquillo por año... y si se descuida, un pié de paliza".

Contido Prólogo La dama joven Bucólica Nieto del Cid El indulto Fuego a bordo El rizo del Nazareno La Borgoñona Primer amor Un diplomático Sic transit El premio gordo Una pasión El príncipe amado La gallega miniatura|page=4|O relato "La dama joven" foi publicado anos máis tarde, en 1893, por entregas, no xornal madrileño La Época (o 19, 21, 22, 24, 25, 26, 27, 28, 29 e 31 de xullo).La Época, 19/7/1893

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Republicado como:

Outros artigos A Tribuna Os pazos de Ulloa La madre Naturaleza Ligazóns externas

La dama joven en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia. Ficha da obra no sitio web da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, da Real Academia Galega.

Categoría:Novelas de Emilia Pardo Bazán Categoría:Obras literarias de 1885 Categoría:Novelas ambientadas en Galicia