O deserto de Chihuahua é unha designación de deserto e ecorrexión que abrangue partes de México e dos Estados Unidos. Ocupa unha grande parte do oeste de Texas, o sueste de Arizona, partes do sur do val do Río Grande en Novo México, así como as porcións central e setentrional da meseta mexicana.
Limita ao oeste pola extensa cordilleira da Serra Madre Occidental, xunto coas porcións setentrionais da Serra Madre Oriental. No lado mexicano, abrangue a metade norte do estado de Chihuahua, xunto coa maior parte de Coahuila, o nordeste de Durango, o extremo norte de Zacatecas e pequenas porcións occidentais de Nuevo León. Cunha superficie aproximada de 362.000 quilómetros cadrados, é o terceiro maior deserto do hemisferio occidental e o segundo máis grande da América do Norte, após o deserto da Gran Bacía.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Deserto de Sonora Lista de desertos Lista de desertos por área
Categoría:Wikipedia:Xeografía en progreso Categoría:Desertos Categoría:Desertos de América Categoría:Novo México Categoría:Texas Categoría:Arizona