O factor regulador do interferón 7 ou IRF7 é un membro da familia do factor regulador do interferón de factores de transcición.

Función O xene IRF7 codifica o factor regulador do interferón 7, un membro da familia de factores de tanscrición reguladores do interferón (IRF). IRF7 xoga un papel na activación transcricional dos xenes celulares inducibles por interferón, incluíndo os xenes de interferóns tipo I. En particular, IRF7 regula moitos xenes do interferón-alfa. A expresión constitutiva de IRF7 está en gran medida restrinxida ao tecido linfoide, principalmente a células dendríticas plasmacitoides, mentres que IRF7 é inducible en moitos tecidos. Identificáronse múltiples variantes de transcrición de IRF7, aínda que as consecuencias funcionais destas non foron aínda establecidos.

A vía do IRF7 está silenciada nalgunhas liñas de células de cancro de mama metastásico, que poden axudar ás células a vitar a resposta inmune do hóspede. Restaurar o IRF7 nestas liñas celulares reducía as metástases e incrementaba o tempo de supervivencia do hóspede en modelos animais.

O xene IRF7 e o seu produto viuse que eran defectivos nun paciente estudado con susceptibilidade grave á gripe H1N1, mentres que a susceptibilidade a outras doenzas virais como o CMV, RSV e parainluenza non estaba afectada.

Interaccións IRF7 presenta interaccións con IRF3. Tamén interacciona coa proteína que interacciona co receptor de aril hidrocarburos (AIP), que é un regulador negativo para a vía antiviral.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Factores de transcrición