Un xoanete é unha deformidade da articulación metatarso-falánxica que conecta o dedo gordo do pé. Este dóbrase moitas veces cara a outros dedos e a articulación vólvese vermella e dolorosa. É dicir, é o extremo posterior avultado da primeira falanxe do dedo polgar do pé ou do extremo anterior do primeiro metatarsiano. O inicio é gradual e as complicacións poden incluír bursite ou artrite.

A causa exacta non está clara. Entre os factores propostos inclúense o uso de zapatos excesivamente axustados, os antecedentes familiares e a artrite reumatoide. O diagnóstico adoita basearse nos síntomas, co apoio de radiografías. No caso do dedo pequeno do pé, existe unha afección similar, coñecida como bunionette.

Os tratamentos poden incluír calzado axeitado, orteses ou AINE. Se estes non son eficaces para mellorar os síntomas, pódese considerar a cirurxía. Esta deformidade afecta a arredor do 23 % dos adultos, con máis frecuencia ás mulleres que aos homes. Aparece entre os 20 e os 50 anos e tamén se fai máis común coa idade. Describiuse por primeira vez en 1870.

Etimoloxía A denominación médica hallux valgus refírese á desviación do primeiro dedo do pé respecto da súa posición normal. O termo latino hallux designa o dedo gordo do pé, mentres que valgus fai referencia á desviación "en valgo", é dicir, significa "deda que se vira cara a fóra".

A etimoloxía de xoanete (en galego reintegracionista joanete) non está completamente aclarada. O dicionario DIGALEGO deriva a voz galega do antropónimo Xoán. Esta interpretación coincide coa etimoloxía tradicional do castelán juanete, que o DLE fai derivar de Juan, nome propio antigamente asociado de maneira estereotipada á xente do campo.

Porén, esta explicación foi cuestionada. O Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico da Universidade de Salamanca propón como posible orixe o francés medieval jointe, co significado de «xuntura» ou «articulación». Esta palabra está documentada nos séculos XIV e XV aplicada ás articulacións, falanxes e maléolos. Segundo esta hipótese, a semellanza de jointe > joinet > juanete co nome propio Juan tería provocado posteriormente unha etimoloxía popular.

Incidencia A desviación lateral pode producirse na articulación, formando o clásico xoanete, coa prominencia ósea na base do dedo gordo do pé, ou entre dous ósos, formando o hallux valgus interbolanxial.

Hai dúas clases de causas para esta deformidade: intrínsecas (relacionadas coa persoa) e extrínsecas (relacionadas co ambiente). Entre as causas intrínsecas, destacan as seguintes: factores xenéticos (antecedentes familiares), doenzas sistémicas preexistentes (artrite reumatoide ou outras enfermidades reumáticas), anatomía psicolóxica, etc. Entre as causas extrínsecas, a principal é o uso de calzado inadecuado, especialmente zapatos de tacón alto e punta afiada. alt=|miniatura|270x270px| Un cirurxián realiza un procedemento para eliminar o exceso de crecemento óseo e restaurar a aliñación normal das articulacións.

Cirurxía Existen varios procedementos cirúrxicos deseñados para corrixir patoloxías que poden estar asociadas co hallux valgus.

eliminación do crecemento anormal do primeiro metatarsiano , realineamento do primeiro metatarsiano en relación co óso adxacente, endereitamento do dedo gordo do pé en relación co primeiro metatarsiano e os dedos adxacentes, realineamento das superficies cartilaxinosas da articulación do hállux, tratamento de problemas relacionados coa artrite no dedo gordo do pé, reposicionando os ósos sesamoideos debaixo do primeiro óso metatarsiano.

Actualmente, existen varios tratamentos diferentes para curar os xoanetes. A idade, o estado de saúde e o estilo de vida do paciente son factores esenciais á hora de elixir o procedemento axeitado.

A cirurxía tradicional de hallux valgus pódese realizar con anestesia local, parcial ou xeral. No caso da cirurxía láser, pódese empregar un analxésico narcótico. A tendencia nos últimos anos é usar anestesia local.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Wikipedia:Medicina en progreso