O pobo kaingang é un pobo indíxena brasileiro diseminado por tres estados do sur do Brasil, incluíndo o Paraná, Santa Catarina e Río Grande do Sur. A súa poboación era de arredor de 51.000 en 2022.
Cultura e lingua miniatura|esquerda|Kamé e kanhru. O pobo kaingang foi dos primeiros habitantes orixinais da provincia de Misiones na Arxentina. A súa lingua e cultura é bastante diferente dos seus veciños guaranís.
A sociedade kaingang está dividida en dous grupos exogámicos, kamé e kanhru (ou kairu), entedidos na cosmovisión kaingang como as dúas metades orixinarias do mundo, a natureza e a humanidade. Kamé asóciase con téi (liñas), e as persoas de kamé pintan a súa cara e os seus corpos con liñas rectas paralelas e zigzags. Os kanhru asócianse con rór (puntos), e pintan puntos e círculos concéntricos. Os kamé de ascendencia mixta doutras etnias indíxenas chámanse wónhetky, e os kanhru mixtos chámanse votor. As marcas son patrilineais: se un pai é kamé, os seus fillos son kamé tamén. Se o pai dun neno kaingang non é kaingang, o neno recibe a súa marca do avó materno.
A lingua kaingang é un membro da familia jê.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Pobos indíxenas do Brasil