Nacho Carreras Ojea, máis coñecido como Nacho Carreras, nado en Vigo o 27 de febreiro de 1990, é un xornalista e escritor galego en lingua castelá.

Traxectoria

Graduado en xornalismo na Universidad San Jorge, especialización na Universidade Camilo José Cela, traballou na canle Tea de Ponteareas, no concello de Baiona e no Heraldo de Aragón. Participou no programa Seguridad vital, de RTVE. Ten traballado como guionista en La mañana de RTVE, La Hora de La 1 e Mañaneros.

Marea Muerta (2024) está ambientada nas illas Cíes sobre un crime do que todos e ninguén semellan culpables.

Nudos de sal (2026) está ambientada en Baiona, Monteferro e Vigo; é un thriller onde cada revelación obriga o lector a repensar o que cría saber.

Obras Novela

El ángel fiel (2020). 509 páxs. IP. ISBN 979-8-6719-7673-1. El abrazo del Oso Rojo (2021). Marea muerta, (2024). Roca Editorial. 336 páxs. ISBN 9788410096585. Nudos de sal (2026). Roca Editorial. 336 páxs. ISBN 9788410442405.

Notas

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1990 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Novela negra Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Camilo José Cela