John R. Melville-Jones, nado en Marlow, Buckinghamshire, o 27 de agosto de 1933 e finado o 28 de xaneiro de 2026, foi un historiador, bizantinista e numismático inglés.

Traxectoria

Primeiros anos e formación John R. Melville-Jones naceu o 27 de agosto de 1933 en Marlow, Buckinghamshire."John Richard Melville-Jones (27 de agosto de 1933 - 28 de enero de 2026)". Ruiz Calleja (blognumismatico.com). Xa aos seus oito anos comezou o seu estudo do latín e aos dez anos o do grego clásico. Logo cursou o ensino secundario no Clifton College de Bristol, e os estudos superiores de Historia na Universidade de Cambridge, na que acadou a súa licenciatura en 1956. Nesta mesma universidade ampliou a súa formación con estudos de posgrao en Arqueoloxía Clásica, ata 1961."Emeritus Professor John Melville-Jones AM FAHA 1933-2026 ". Australian Academy of the Humanities (humanities.org.au).

Logo viaxou a Australia para ocupar unha praza de profesor auxiliar de Cultura Clásica e Historia Antiga na Universidade de Australia Occidental, e nesa institución acadou o seu doutoramento en 1964."In Memory of John R. Melville-Jones (1933-2026) ". American Numismatic Society (numismatics.org).

Carreira profesional e académica A traxectoria académica de Melville-Jones transcorreu vinculado á Universidade de Australia Occidental durante os seguintes 68 anos, ata a súa xubilación en 2012, aos 79 anos, como profesor de Cultura Clásica e Historia Antiga, aínda que continuou en condición de profesor emérito ata os seus 90 anos."John Melville-Jones, AM (In Memoriam)". University of Western Australia (uwa.edu.au)."John Richard Melville-Jones (1933-2026)". Sixbid.com

As súas investigacións centráronse fundamentalmente en dúas vertentes: por unha banda a numismática clásica, e por outra a cultura e a lingua grega bizantina, adoito ignorada polos clasicistas; neste aspecto, a figura de Melville-Jones é moi recoñecida polas súas traducións de textos.

A súa primeira publicación no eido numismático foi o artigo "Vespasian Junior", que apareceu no número de 1966 da revista Numismatic Chronicle,Véxase "(1966)" en "Publicacións". e a esta seguiuna unha longa serie de colaboracións e traballos monográficos, entre os que destacan os tres volumes da serie Testimonia Numaria, publicada entre 1993 e 2023.

Entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas, Melville-Jones presidiu a Sociedade Australiana de Estudos Bizantinos (1995-2003) e foi membro da Asociación Numismática de Australia e da Royal Numismatic Society. En 1994 foi elixido membro da Academia Australiana de Humanidades.

John Richard Melville-Jones finou o 28 de xaneiro de 2026, aos 92 anos.

Recoñecementos Estes son algúns dos recoñecementos máis destacados recibidos por John R. Melville Jones: 2014: Premio Aristóteles, do ministerio grego de Macedonia e Tracia. 2016: Doutor honoris causa en Letras pola Universidade Macquarie. 2021: Membro da Orde de Australia.

Publicacións Esta é unha escolma dos traballos máis destacados de Melville-Jones ao longo da súa traxectoria."John R. Melville-Jones". Numista.com

Artigos

(1966). “Vespasian Junior”. En The Numismatic Chronicle. Vol. 6. Páxinas 61-63. (1972). “Epigraphical Notes on Hellenistic Bronze Coinage”. En The Numismatic Chronicle. Vol. 12. Páxinas 39-43. (1979). “Les premières monnaies plinthophores de Rhodes”. En Revue belge de numismatique. Vol. CXXV. Páxinas 53-54. (1980). “The Date of the Gold Drachma of Carystus”. En The Numismatic Chronicle. Vol. 20. Páxinas 28-32. (2015). “The Location of the Trajanic Mint at Rome”. En The Numismatic Chronicle. Vol. 175. Páxinas 137-145. (2017). “The myth of the denarius communis”. En Schweizer Münzblätter. 267. Páxinas 59-61. (2023). “Maiorina and maior as names of Roman coins”. En Schweizer Münzblätter. 290. Páxinas 47-51.

Monografías (1986). A Dictionary of Ancient Greek Coins. Spink & Son, Londres. ISBN 0900652810 Recensión do libro, por G. Le Rider. En Revue Numismatique. 30. 1988. Páxinas 290-291. (1990). A Dictionary of Ancient Roman Coins. Spink & Son, Londres. ISBN 185264026X Recensión do libro , por J. B. Giard. En Revue Numismatique. 34. 1992. Páxina 260.

(1993-2007). Testimonia Numaria: Greek and Latin Texts Concerning Ancient Greek Coinage. Spink & Son, Londres. (1993). Vol. 1: Texts and Translations. ISBN 0 907605 40 0 (2007). Vol. 2. Addenda and Commentary. ISBN 1 902040 81 3. (2023). Testimonia Numaria Romana: Greek and Latin text concerning Roman coinage. Spink & Son, Londres. ISBN 978-1-912667970

Notas

Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en Buckinghamshire Categoría:Finados en 2016 Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Historiadores do Reino Unido Categoría:Historiadores de Historia Antiga Categoría:Arqueólogos do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Alumnos da Universidade de Australia Occidental Categoría:Profesores da Universidade de Australia Occidental Categoría:Personalidades sen imaxes