Gerardo Lobeira Rodríguez, nado en Loira (Seixo, Marín) o 30 de xaneiro de 1908 e finado en Bagnols-sur-Cèze o 27 de agosto de 1944, foi un militar e guerrilleiro galego.

Traxectoria

Militante comunista, traballou como mariñeiro e trasladouse xunto aos seus irmáns a Pasaia, onde seguiu dedicado á pesca. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 alistouse como voluntario nas Milicias Populares Antifascistas de Euskadi e participou en accións militares na defensa de Bilbao. Coa caída do País Vasco pasou á clandestinidade. En agosto de 1937 secuestrou a punta de pistola o pesqueiro Miren-Ainguerua e a súa tripulación e conduciuno ata un porto francés.

Atravesou Francia de oeste a leste para retornar a zona leal a través da fronteira catalá e incorporouse ao Corpo de Carabineiros. Coa derrota da República marchou a Francia a bordo dunha embarcación. Internado primeiro en Marsella e posteriormente en Saint-Cyprien, Argelès-sur-Mer e Gurs, onde permaneceu en condicións extremas. Conseguiu escapar e pasou á clandestinidade, incorporándose ás Forzas Francesas do Interior (FFI). Durante os últimos meses da ocupación participou en accións de comando contra as tropas alemás como a liberación da prisión de Nimes, e ataques contra efectivos nazis. Durante unha destas misións, Gerardo e outros tres compañeiros de comando foron metrallados en Bagnols-sur-Cèze por un avión aliado o 27 de agosto de 1944.

Recoñecementos

Foi declarado Heroe da República francesa. Fixéronlle unha homenaxe en Bagnols-Sur-Céze en agosto de 2026. Vida persoal

Fillo de Manuel Lobeira Aguete e Laureana Rodríguez, foi irmán de Manuel, José, Antonio e Consuelo Loberia Rodríguez.Reencontro en Marín da familia Lobeira para lembrar e homenaxear unha cerna de combatentes contra o franquismo Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Francia rende homenaxe ao guerrilleiro marinense Gerardo Lobeira, heroe da Resistencia contra os nazis Homenajean en Gard a un guerrillero de Marín al que mataron los nazis y su familia denuncia: «É un heroe en Francia e está esquecido na súa patria» La guerra perdida, y la memoria ganada, de la familia Lobeira

Categoría:Membros galegos da Resistencia francesa Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1944