Ticiano Picón San Miguel, que empregou o pseudónimo Juan Expósito, nado en Tudela de Duero (Valladolid) o 3 de marzo de 1892 e finado en Argelès-sur-Mer o 11 de abril de 1941, foi un mestre, escritor, xornalista e militar anarquista español.
Traxectoria Fixo por libre a carreira de maxisterio. Foi mestre interino en Iurreta (Biscaia) en 1917, desde onde dirixiu unha carta ao Ministro de Instrución Pública solicitando melloras para os compañeiros interinos.La Acción, 11-11-1917, p. 5. Viviu en Durango, onde entrou en contacto co anarquismo. Mestre en Berceo, foi detido en Bilbao en xaneiro de 1920, e no rexistro da súa casa toparon "obras anarquistas e documentos revolucionarios".La Independencia, 20-1-1920, p. 1. Foi desterrado por motivos políticos nas Covas (Quiroga) en 1920, onde exerceu como mestre,BOP Lugo, 9-3-1920, p. 2. e foi nomeado mestre en propiedade.Suplemento a La Escuela Moderna, 31-3-1920, p. 12. Foi detido por "cuestións sociais" en agosto de 1920.El Ideal Gallego, 4-8-1920, p. 2. Participou no mitin do Primeiro de Maio de 1922 en Tui dando unha conferencia sobre “Sociedad presente y sociedad del porvenir” e participou cun relatorio na primeira sesión do Congreso Obreiro de Vigo en agosto dese ano. Permutou a súa praza de mestre nas Covas pola de Caranca (Áraba) en 1923.Suplemento a La Escuela moderna, 22-9-1923, p. 18. Procesado por sedición pola Audiencia de Bilbao en abril de 1924,La Voz de la Verdad, 30-4-1924, p. 3. foi detido nas Covas en agosto dese ano.La Voz de Galicia, 17-8-1924, p. 5. En outubro de 1927 pasou a rexentar a escola de Vilanuíde.El Eco de Santiago, 29-10-1927, p. 1.La Voz de la Verdad, 18-1-1928, p. 2. Foi mestre na escola de Castroncelos (A Pobra do Brollón) entre 1933 e 1936. Colaborou en Solidaridad Obrera, ¡Tierra! da Habana, Cultura Proletaria de Nova York, Tierra y Libertad de Barcelona, El Luchador, Brazo y Cerebro e Solidaridad.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído como mestre de Castroncelos en setembro.La Voz de la Verdad, 6-9-1936, p. 2. Conseguiu fuxir e pasou a zona leal. Estivo presente no cerco de Oviedo, asinou artigos en CNT del Norte en decembro de 1936 e marzo de 1937 e formou parte das Milicias da Cultura. Coa derrota da República pasou a Francia. Estivo internado no campo de concentración de Bram, de onde pasou ao de Argelès-sur-Mer o 24 de novembro de 1940. Foi internado no hospital do campo o 5 de xaneiro de 1941, e finou alí o 11 de abril.Fiche Détaillée.
Obras
Atribuiuse a obra El sindicalismo y la ciencia social alegando que lle fora plaxiada por David Díaz como En tiempos de batalla.Antología documental del anarquismo español. VI. bibliografía e historiografía. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (P) Una figura histórica del anarquismo que fue maestro en Castroncelos
Categoría:Profesores de España Categoría:Anarcosindicalistas Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Tudela de Duero
Categoría:Nados en 1892
Categoría:Finados en 1941