Isabel Peña Domingo, nada en Zaragoza en 1983, é unha guionista española de cinema e televisión. Recibiu o premio Goya 2019 e o Premio Feroz 2019 polo guión da película El reino (2018), así como o premio Goya 2023 e a Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos 2023 por As bestas (2022), ambos coescritos con Rodrigo Sorogoyen.
A guionista aragonesa recibiu a Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes en 2023.
Notas
Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Nados en 1983 Categoría:Guionistas de España