Windows 7 Starter era unha edición limitada do sistema operativo Windows 7. Só estaba dispoñible en 32 bits, non incluía o tema Aero e non permitía mudar o fondo do escritorio. Inicialmente, planeouse limitar o seu funcionamento a un máximo de tres programas executándose simultaneamente, de xeito similar a Windows Vista e XP Starter. Non obstante, esta restrición eliminouse na versión final. Só admitía ata 2 GB de RAM.

Esta edición distribuíase preinstalada en ordenadores, especialmente netbooks e tabletas Windows, a través de integradores de sistemas ou fabricantes de ordenadores mediante licenzas OEM.

Esta é a última edición Starter de Windows, xa que Microsoft decidiu non lanzar máis. Ademais, Windows 7 Starter é o sucesor de Windows Vista Starter.

Notas

Categoría:Windows