A Capela de San Roque, en Ribadeo é unha capela construída en 1719 sobre unha capela anterior do século XIV. Está localizada na rúa San Roque, esquina Julio Lazúrtegui. Ten un viacrucis interior bendicido en 1875, como consta en prego encadrado dentro da capela. En xeral, permanece pechada agás momentos festivos.

Ten planta rectangular e cuberta a dúas augas. A fachada principal ten porta e ventá oxivais. No seu interior ten varias imaxes, como as de San Domingos, San Tomé de Aquino, San Roque e San Sebastián (do século XVIII), e un Santo Antonio (do século XIX).

Galería de fotos

Notas

Categoría:Ribadeo Ribadeo