Os nomes dos furacáns no Atlántico e no Pacífico nororiental, corresponden a homes e mulleres alternadamente, que se preparan en orde alfabética para cada unha das tempadas de furacáns. Se unha tempada rexistrase un número superior a 21 furacáns, usaríanse as letras do alfabeto grego (alfa, beta, gamma etc.) para designalos.

Hai preparadas seis listas de nomes para o ciclo dos vindeiros seis anos.

En teoría, os nomes poden estar en francés, español e inglés, se ben as formas inglesas son clara maioría. Os nomes non comezan polas seguintes letras: q, u, x, y e z. Este sistema de nomeamento ideouse en 1979.

Lista de 2007 e 2013 Andrea Barry Chantal Dean Erin Felix Gabrielle Humberto Ingrid Jerry Karen Lorenzo Melissa Noel Olga Pablo Rebekah Sebastien Tanya Van e Wendy.Lista de 2008 e 2014 Arthur Bertha Cristóbal Dolly Édouard Fay Gustav Hanna Ike Josephine Kyle Laura Marco Nana Omar Paloma Réné Sally Teddy Vicky e Wilfred.Lista de 2009 e 2015 Ana Bill Claudette Danny Erika Fred Grace Henri Ida Joaquín Kate Larry Mindy Nicholas Odette Peter Rose Sam Teresa Victor e Wanda.Lista de 2010 e 2016 Alex Bonnie Colin Danielle Earl Fiona Gaston Hermine Igor Julia Karl Lisa Matthew Nicole Otto Paula Richard Shary Tomás Virginie e Walter.Lista de 2011 e 2017 Arlène Bret Cindy Don Emily Franklin Gert Harvey Irene José Katia Lee María Nate Ophelia Philippe Rina Sean Tammy Vince e Whitney.Lista de 2012 e 2018 Alberto Beryl Chris Debby Ernesto Florence Gordon Helene Isaac Joyce Kirk Leslie Michael Nadine Oscar Patty Rafael Sandy Tony Valerie e William.

Nomes retirados Os nomes poden ser retirados a petición de países afectados se causaron un dano extenso a poboación e propiedades, como foi o caso do Katrina ou do Stan, por exemplo. Tamén se retirou o nome de Klaus, que impactara en Galicia en 1984 [véxase Ciclón Klaus (1984)], logo de devastar a Martinica en 1990 [véxase ciclón Klaus (1990)].

Categoría:Furacáns