Ferrari é un fabricante italiano de coches de carreiras e de deportivos de luxo fundado por Enzo Ferrari en 1929. No seu inicio, a Scuderia Ferrari patrocinou pilotos e coches de carreiras; a empresa comezou a súa produción independente en 1946, converténdose máis adiante en Ferrari S.p.A., e dende 1969, cando foi vendida, forma parte do grupo Fiat. A empresa ten a súa sede en Maranello, preto de Módena, Italia.
O "Cabalo Rampante" miniatura|Fábrica de Ferrari.|esquerda O famoso símbolo é un cabalo negro rampante nun fondo amarelo, sempre coas letras S F de Scuderia Ferrari. O cabalo era orixinalmente o símbolo do Conde Francesco Baracca, un lendario "ás" da forza aérea italiana durante a primeira guerra mundial, que o pintou no lateral dos seus avións. Baracca morreu moi novo o 19 de xuño de 1918, abatido tras 34 duelos vitoriosos e moitas vitorias en grupo, tornándose así nun heroe nacional.
Baracca quería o cabalo rampante nos seus avións porque o seu escuadrón, os "Battaglione Aviatori", fora inscrito nun rexemento de Cabalaría (as forzas aéreas estaban nos seus primeiros anos e non tiñan administración separada), e tamén porque el mesmo tiña a reputación de mellor cavaliere (cabaleiro) de seu equipo. miniatura|Un Ferrari Enzo.|esquerda miniatura|No autódromo de Interlagos, antes do GP do Brasil de F1.|esquerda O 17 de xuño de 1923, Enzo Ferrari gañou unha carreira no circuíto de Savio en Rávena onde coñeceu á Condesa Paolina, nai de Baracca. A Condesa pediulle que usase o deseño dun cabalo nos seus coches, suxerindo que lle daría boa sorte, mais a primeira carreira na que Alfa Romeo permitiulle o uso do cabalo nos coches da Scuderia foi once anos despois, nas 24 Horas de Spa en 1932. A Ferrari gañou.
Ferrari deixou o cabalo negro como no avión de Baracca; pero engadiu un fondo amarelo porque era a cor símbolo da súa terra natal, Módena.
Unha das imaxes da marca de Ferrari é a súa cor "rosso corsa" (vermello de carreira). A utilización desa cor iniciouse nos anos 20, cando a entidade que logo viría a ser a FIA, impuña que as marcas italianas tiñan que presentar cor vermella, as francesas azul, as alemás prateada, as holandesas laranxa, as belgas amarela, as inglesas verde e as norteamericanas branca.
O cabalo rampante non foi sempre identificado como só da marca Ferrari: Fabio Taglioni usouno nas súas motocicletas Ducati. O pai de Tagliani foi de feito compañeiro de Baracca e loitou con el no 91º Escuadrón Aéreo, mais mentres que a fama da Ferrari creceu, Ducati abandonou o cabalo; posiblemente como resultado dun acordo privado entre as dúas marcas.
Historia En 1940 Alfa Romeo foi absorbida polo goberno de Mussolini e utilizada como porta-estandarte do seu goberno. Nesta época a Scuderia Ferrari, impedida de ingresar en competicións de automóbiles, pasa a construír accesorios para avións e pezas para máquinas.
Co final da segunda guerra mundial e a caída do réxime de Mussolini, é fundada a marca Ferrari, co lanzamento do seu primeiro modelo de estrada en 1947. O modelo lanzado ese ano foi o Ferrari 125 Sport cun motor V12 de 1500 cc.
En 1951 Ferrari consegue a súa primeira vitoria na Fórmula 1 e en o arxentino Juan Manuel Fangio gaña o campionato mundial ao volante dun Ferrari. Ese foi tamén un ano triste para Enzo Ferrari coa morte do seu fillo Dino.
En 1961 os tempos comezaron a ficar difíciles para Ferrari, despois de conflitos internos que levaron á saída de varios membros da dirección. A Ferrari, mesmo así, conseguiu alcanzar un gran número de vitorias en competición e agrandar o seu nome.
Na década de 1960 a Ford tentou comprar a Ferrari, para as competicións automobilísticas. Mais esa tentativa fallou e a Ford creou o Ford GT40 que conseguiu acabar co dominio da Ferrari nas 24 Horas de Le Mans, que gañara desde 1960 ata 1965.
Como resultado dos problemas financeiros que atravesaba Ferrari, a FIAT adquiriu parte da Ferrari en 1965 aumentándoa ao 50% en 1969.
Para conmemorar os 40 anos de existencia da Ferrari, en 1987 presentou o Ferrari F40, sendo ese o coche de estrada máis rápido do mundo ata o momento.
En 1988 morre Enzo Ferrari a idade de 90 anos e ese mesmo ano a FIAT aumenta o seu control ata o 90%.miniatura|A Scuderia Ferrari gañou o seu máis recente título de pilotos na Fórmula 1 con Kimi Räikkönen en 2007.
En 1997 Ferrari adquire o 50% da Maserati á FIAT, pasando a ter o control total da marca en 1999. Ferrari utilizou a Maserati como a súa división de luxo até 2005, momento en que o control regresaría á FIAT.
Ferrari continuou a lograr grandes feitos nas competicións de automóbiles, conseguindo vencer na Fórmula 1, na categoría de construtores, de 1999 ata 2004 cos pilotos Michael Schumacher e Rubens Barrichello.
En 2003 a Ferrari, en memoria do seu fundador, presenta o Ferrari Enzo, un superdeportivo baseado na tecnoloxía utilizada na Fórmula 1. Modelos actuais (2022)
ModeloAnopresentaciónModelo actualDescrición do vehículoPresentaciónActualización/Lavado de cara 200px 812 Superfast 2017 2017 – Gran turismo con motor central dianteiro e tracción traseira. 200px Monza SP1 2019 2019 – Coche deportivo monopraza de produción limitada, parte da nova gama Icona. 200px Monza SP2 2019 2019 – Coche deportivo de dúas prazas de produción limitada, parte da nova gama Icona. 200px F8 2019 2019 – Coche deportivo de motor central que substituíu o Ferrari 488. 200px SF90 Stradale 2019 2019 – Coche deportivo híbrido enchufable de motor central. 200px Roma 2020 2020 – Coche deportivo gran turismo. 200px 296 GTB 2022 2022 – Coche deportivo híbrido enchufable con motor central. 200px Daytona SP3 2022 2022 – Coche deportivo de produción limitada con motor central, parte da nova gama Icona. 200px Purosangue 2022 2023 – o primeiro SUV de Ferrari; usa a mesma plataforma que o Roma.
Cronoloxía dos modelos
DataSerieDescriciónImaxe Gran Turismo 2 asentos 1949 Ferrari 166 Inter Foi o primeiro gran turismo de Ferrari. Unha evolución dos coches de competición 125 S e 166 S. O nome de Inter conmemora as vitorias dos modelos 166 S coa Scuderia Inter. Foron construídos 37 166 Inters desde 1948 ata 1950. 150px1950Ferrari 195 Inter Presentado no Salón de París de 1950, era similar ós 166 Inter. Producíronse 24 unidades. 150px1951Ferrari 212 Inter O Ferrari 212 Inter substituíu con éxito aos 166 e 195 Inter. Presentado no Salón do Automóbil de Bruxelas dese ano, o 212 era unha evolución do 166. Producíronse 82 unidades. 150px1953Ferrari 375 MM Producíronse 26 unidades 150px1953Ferrari 250 Europa Presentado en París en 1953, parecía completamente diferente. Pininfarina e Vignale deseñaron as carrozarías, con 21 producidas en total. 150px1953Ferrari 375 America Outro coche Pinin Farina e Vignale. Os 340 e 375 eran caros e exclusivos, só foron construídos ao redor de 40. 150px1954Ferrari 250 Europa GT Foi presentado no Salón do automóbil de París de 1954 e substituíu o 250 Europa. No principio era tamén chamado "250 Europa", pero pronto engadiuse "GT" para distinguir as dúas series. 150px1956Ferrari 410 Superamérica Ferrari produciu outra liña de automóbiles de América, a partir do 1955, o 410 Superamerica. O motor tiña agora ata 5´0 l con 340 CV (250 kW 335 CV). Cada 410 Superamerica tiña carrocería personalizada, algúns de Boano e Ghia, pero a maioría de Pinin Farina. O prezo era moi alto nos Estados Unidos, 16.800 dólares. Só foron construídas 35 unidades. 150px1956 - 1963Ferrari 250 GT Europa/Boano/Ellena/Pininfarina Coupe/Lusso O motor 250s, non era un gran motor, incluso para a época, pero o seu peso lixeiro e a impresionante saída (ata 300 PS (221 kW; 296 hp) no Testa Rossa e GTO) marcaron unha gran diferenza. O Ferrari V12 pesaba moitos quilos menos que os seus principais competidores. En canto á designación, Ferrari utilizou a capacidade de 1 cilindro como nome. 150px1957 - 1960Ferrari 250 GT Berlinetta/Cabriolet/California Spider/SWB . Foi o primeiro Ferrari GT con freos de disco, e a combinación de baixo peso, alta potencia e suspensión ben ordenados logrou unha oferta competitiva. 150px1960Ferrari 400 Superamerica O 400 Superamerica tiña un motor Colombo máis pequeno de 4.0 L, pero máis potente que o seu predecesor. Estaba dispoñible como coupé, spider ou cabriolet con carrozaría Pinin Farina. Foron construídas 47 unidades. 150px1974 - 1975Ferrari 275 GTB Coupe Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro V12, tracción traseira e dous asentos. O motor de 3'3 litros ten 300 cabalos de potencia. 150px1964 - 1965Ferrari 275 GTS Spider Pininfarina construíu 200 275 Roadster GTS para o mercado estadounidense (incluíndo 14 co volante á dereita) con carrocería totalmente diferente. Foi pensado para ser máis dun coche GT e menos un coche deportivo que o seu irmán GTB. 150px1966 - 1968Ferrari 275 GTB/4 Presentado no Salón de París en outubro de 1966, o 275 GTB/4 (ou 4-cam) era un coche actualizado substancialmente; construído por Scaglietti, contou cunha nova carrocería e foi o primeiro Ferrari que non se ofreceu con pinas de radios. 150px1964Ferrari 500 Superfast Foi o final da serie América. O motor era de 5´0 L V12 Ferrari Colombo, cunha velocidade de 275 km/h. A carrocería era de Pininfarina. Fixéronse 37 coches ata 1966, incluíndo 12 modelos da serie "II", cunha transmisión de 5 velocidades. 150px1966Ferrari 330 GTC O GTC 330 e GTS 330 parecíanse máis aos 275 que aos 330 GT 2+2. Compartiron a curta distancia entre eixes do 275, así como a súa suspensión traseira independente. 150px1966 -1968Ferrari 330 GTS O GTS spider foi presentado no Salón do Automóbil de París. Producíronse ao redor de 600 coupés e 100 spiders. 150px1966Ferrari 365 California Só foron construídos 14 roadsters, incluíndo dous co volante á dereita. 1968 - 1969Ferrari 365 GTC Foi o substituto do 330 GTC. As diferenzas limitáronse a mover os respiradoiros desde detrás das rodas dianteiras para o capó. Foron construídas 150 unidades. 150px1969 - 1970Ferrari 365 GTS Foi o substituto do 330 GTS. Presentou os mesmos cambios de estilo que o coupé. Só foron construídas 20 unidades. 1968 - 1973Ferrari 365 GTB4 Máis coñecido polo nome non oficial de Ferrari Daytona, é un automóbil de Gran Turismo producido desde 1968 ata 1973. Foi presentado por primeira vez ao público no Salón do Automóbil de París en 1968 e substituíu o 275 GTB/4 150px1968Ferrari 365 GTS/4 Spider Fabricáronse 122 spiders na fábrica (das cales 7 son con volante á dereita) feitos por Scaglietti. 150px1996 - 2001Ferrari 550 Maranello Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro, tracción traseira e dous asentos. O motor de 5'5 litros ten 485 cabalos de potencia. 150px2001Ferrari 550 Barchetta Ferrari presentou unha versión convertible do 550 no Salón de París en 2000. O Barchetta foi un verdadeiro roadster sen capota. A fábrica proveu unha capota de lona, pero foi deseñado só para uso temporal como se advertiu contra o uso da parte superior por encima de 110 km/h. Producíronse un total de 448 Barchettas. 150px2002 - 2006Ferrari 575M Maranello Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro, tracción traseira e dous asentos. O motor de 5'7 litros ten 515 cabalos de potencia. 150px2005Ferrari 575M Superamerica Versión innovadora do convertible do 575M Maranello, contou cun teito electrocrómico un panel de cristal que viraba 180° na parte traseira e se deitaba sobre o maleteiro. Ferrari comercializouno como o convertible máis rápido do mundo, cunha velocidade máxima de 320 km/h.