thumb| Elanus caeruleus O peneireiro cincento ou peneireiro cinsento (Elanus caeruleus) é unha ave Falconiforme de pequeno tamaño de familia Accipitridae.

Descrición É unha ave de rapina pequena, duns 30 a 35 cm de lonxitude e cunha envergadura de ás de entre 80 e 90 cm. O corpo é na maior parte branco. A cabeza, relativamente grande, é branca cunha máscara negra. A parte superior do corpo ten cor gris azulada, con manchas negras nos ombreiros. As ás son estreitas coas puntas negras. A cola é moi curta. Ten os ollos vermellos brillantes e as patas de cor amarela alaranxada.

Distribución e hábitat Áchase preferentemente na África subsahariana e na Asia tropical. No norte de África vive en Marrocos, Alxeria e Exipto. En Europa aparece só nunha pequena zona do sur da Península Ibérica. Son aves, en xeral, sedentarias, aínda que poden facer desprazamentos ocasionais.

En boa parte do sur de Asia encóntrase a subespecie E. c. vociferus. Nas illas surasiáticas hai diversas subespecies máis.

Viven en espazos abertos como estepas, sabanas e zonas semidesérticas ou mesmo campos cultivados, nos que haxa árbores illadas para espreitar e face-los niños.

Alimentación Comen pequenos mamíferos, principalmente roedores, paxaros pequenos ou crías de ave de pequeno tamaño e réptiles, sobre todo lagartas e insectos. Localiza as presa voando lentamente ou espreitando dende unha árbore ou outro punto elevado.

Reprodución A femia constrúe, con material achegado polo macho, un niño nunha árbore. Poñen tres ou catro ovos, pero en casos illados a cantidade varía entre dous e seis.

Nome común noutras linguas Alemán: Gleitaar Danés: Blå Glente Inglés: Black-winged Kite Español: Elanio azul Finlandés: Liitohaukka Francés: Élanion blanc Italiano: Nibbio bianco Neerlandés: Grijze wouw Noruegués: Svartvingeglente Portugués: Peneireiro-cinzento Sueco: Svartvingad glada Turco: Ak çaylak

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Benny Génsbol, Walther Thiede; Greifvögel - Alle europäischen Arten, Bestimmungsmerkmale, Flugbilder, Biologie, Verbreitung, Gefährdung, Bestandsentwicklung, BLV Verlag München, 1997, ISBN 3-405-14386-1 : "Manual sobre as aves de presa europeas". Theodor Mebs; Greifvögel Europas - Biologie - Bestandsverhältnisse - Bestandsgefährdung Franckh-Kosmos Verlag Stuttgart 2002, ISBN 3-440-06838-2 : "Estudo sobre as aves de presa europeas".

Categoría:Accipítridos Categoría:Animais descritos en 1789