A Confederación Xeral do Traballo de España, a CXT, é un sindicato de orientación anarquista nado en 1979 a raíz da ruptura ou escisión da CNT-AIT coa chegada da democracia representativa e o posterior proceso de reorganización e reestruturación dos sindicatos (en 1977).

Traxectoria miniatura|esquerda|Manifestación en Madrid. É a terceira forza sindical española en representantes sindicais a gran distancia de CCOO e mais da UXT, mantendo unha lixeira vantaxe sobre a Unión Sindical Obreira. Ten forte presenza en Renfe e na industria do automóbil, especialmente en SEAT, Renault, Volkswagen e Ford. Tamén destaca a súa presenza nas Administracións Públicas, nos Correos e nos sectores de Banca, Sanidade e Ensino. Ten 5 000 delegados sindicais e membros de Comités de Empresa, 60 000 afiliados e máis dun millón de votos entre os traballadores nas eleccións sindicais.

A CXT destacou nos últimos conflitos da SEAT e na folga dos traballadores de terra de Iberia en Barcelona, alén de nas últimas mobilizacións pola regulación dos traballadores inmigrantes en España. miniatura|Reunión do sindicato.

Véxase tamén Outros artigos Anarquismo en España Movemento obreiro español Ligazóns externas Confederación Xeral do Traballo Confederación Xeral do Traballo da Galiza Periódico Rojo y Negro, publicación dixital anarcosindicalista. Órgano de expresión da CXT. Publicación anarcosindicalista da CXT da Cataluña

Categoría:Sindicatos de España Categoría:Anarquismo en España