Radio Océano foi un grupo de punk-rock galego creado na Coruña en 1981 (aínda que con algún músico de Ferrol). Foron moi activos na escena do rock galego da época, que eles axudaron a fundar.

Historia O grupo formárono os xornalistas coruñeses Xosé Manuel Pereiro e Santiago Romero en 1981 e axiña comezaron a tocar cos grupos que naquel momento comezaban a facer música rock na Galiza (Siniestro Total, Os Resentidos). Tamén facían parte da publicación alternativa La Naval (1986-1987) e colaboraban co poeta Lois Pereiro.

Tiveron unha presenza moi activa nos programas de Radio 3 de Radio Nacional de España, o que lles permitiu gravar o seu único LP (Nin falta que fai), no ano 1985. O seu disco é unha obra seminal do rock galego e ademais de ser unha peza de coleccionista é valorado como un dos discos fundamentais na historia do rock galego.http://www.zonadeobras.com/revistas/numeros/numero10/10discos.asp.

Disolvéronse en 1987. O seu baixista nesa época cambiou máis tarde o seu nome artístico e converteuse en Pablo Bicho. O batería das formacións terceira e cuarta (1984-1987), Dani Punta, tocaba simultaneamente no grupo Viuda Gómez e Hijos.Ruta 66, nº 15, febreiro de 1987, p. 12.

Co gallo do 25 aniversario de La Naval, varios músicos relacionados co movemento bravú organizaron un concerto homenaxe que tivo lugar o 22 de abril de 2010 na sala Nasa de Santiago de Compostela. Nese concerto, integrantes de Ultraquans e The Homens acompañaron a Rotring, con dúos con Julián Hernández, Miguel Costas, Uxía, Paco Lodeiro ou Antón Losada. Logo, compoñentes da segunda formación subiron a un escenario xuntos por primeira vez dende había 25 anos, e interpretaron algunhas das súas cancións máis recordadas.

Para maio de 2018 está prevista a saída dun disco recompilatorio, un vinilo dobre que será editado por Subterfuge Records.

Membros Primeira formación 1981-82 Renato 414 (Pablo Iglesias) - batería Rossmero (Santiago Romero) - guitarra Johnny Rotring (Xosé Manuel Pereiro) - voz Quique - baixo

Segunda formación 1982-84 Renato 414 (Pablo Iglesias) - guitarra Rossmero (Santiago Romero) - baixo Johnny Rotring (Xosé Manuel Pereiro) - voz Sitdown (Sito Evangelista) - batería

Terceira formación 1984-87 Renato 414 (Pablo Iglesias) - guitarra Johnny Rotring (Xosé Manuel Pereiro) - voz Pablo Constenla - baixo Dani Punta - batería Suso Iglesias utilizou a gaita galega na gravación do tema "Terra Chá"

Cuarta formación 1987-88 Johnny Rotring (Xosé Manuel Pereiro) - voz Dani Punta - batería Jorge Fernández - guitarra Santi Pazos - baixo

Discografía LP Nin falta que fai (LP 1985) RNE Radio Océano (Single) 2016. Pantera Iribarne Memorias do óxido (Doble LP e CD). 2018. Subterfuge Records Un Furioso Silencio (LP) Ferror Records / Ulomanía Coop. / Pafff Bum! Discos, 2023.

Outros "Hago cine con mi coche" - "Pánico en las Falkland" (maqueta gravada no estudo de Romaní na Coruña) 1983 "Hago cine..." - "Narcisismo" - "Volverás" - "Quisiera que Stanley..." (maqueta gravada en Lisboa) 1984

O tema "Narcisismo", con letra de Lois Pereiro, foi incluído no recompilario Rock Gallego. Donde estabas tú? (DRO, 1994). En 2011 foi versionada por Das Kapital e incluída no seu disco Ruído negro.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista con Xosé Manuel Pereiro (consultado o 9 de agosto de 2008). Vídeo de Radio Océano en vivo (10/2/85) no Festival de Solidariedade cos Traballadores de ASTANO (consultado o 9 de agosto de 2008). «Mañana era lunes en la fábrica», artigo de Manuel Rivas en El País, 13 de febreiro de 1985 (consultado o 9 de agosto de 2008). Ficha na Fonoteca

Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais da Coruña Categoría:Grupos musicais formados en 1981 Categoría:Música de Galicia sen imaxes Categoría:Grupos de punk en galego Categoría:Grupos de rock en galego