Vilardevós é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2024 habitantes (2693 en 2003). O xentilicio é ou . Poboación
Censo total 2024 Menores de 15 anos 92 (4,55 %) Entre 15 e 64 anos 1002 (49,51 %) Maiores de 65 anos 930 (45,94 %)
Xeografía O concello, de 152,7 km², abrangue 13 parroquias. Está situado ao sueste da provincia de Ourense, limitando á súa vez ao sueste con Portugal. Limita ao norte con Castrelo do Val e O Riós, ao sur con Chaves, ao leste con Vinhais, e ao oeste con Verín.
Ten unha orografía de montaña, sendo os maiores cumios os da serra de Penas Ceibes. Está atravesado polo río Támega e o río Mente.
Historia As mámoas de Vilardevós, o castro de Florderrei, un cadaleito atopado en Arzádigos e datado do século VII, mostran o poboamento destas terras desde época antiga. Como territorio fronteirizo entre España e Portugal sufriu os avatares das relacións entre ámbolos dous países; en 1569 os exércitos portugueses invadiron e devastaron estas terras chegando ata A Gudiña. Durante o antigo Réxime estiveron baixo a xurisdición do Conde de Monterrei.
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Vilardevós Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilardevós vexa: Lugares de Vilardevós.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Vilardevós