Urania Mella Serrano, nada en Vigo o 15 de novembro de 1899 e finada en Lugo o 26 de maio de 1945, foi unha política galega e precursora do asociacionismo feminino. Filla do pensador anarquista Ricardo Mella Cea e mais de Esperanza Serrano, á súa vez filla de Juan Serrano Oteiza, coñecido anarquista madrileño e fundador da La Revista Social, foi presidenta da sección viguesa da Unión de Mulleres Antifascistas, así como membro do Socorro Rojo Internacional.
Traxectoria Muller moi culta e comprometida socialmente, foi mestra de piano e estudou Belas Artes na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Dende moi nova dedicou a súa vida á defensa da muller, comezando a ensinar a ler ás mulleres do barrio de Lavadores, para continuar logo dende a UMA. miniatura|Buque Urania Mella de loita contra a contaminación, SASEMAR.Datos do buque anticontaminación Urania Mella Tras o golpe de estado de 1936 intentou defender o barrio, xunto co seu home Humberto Solleiro Rivera, para logo fuxir cara a Redondela, onde foron detidos. Foi condenada á morte en consello de guerra, mais logo foille conmutada a condena pola de trinta anos; non así a do seu home, que foi fusilado. Xa viúva e deixando en Vigo catro fillos, foi encadeada no penal de Santurrarán, Guipúscoa, onde pasou mais de 9 anos. Ao quedar libre marchou co seu fillo Raúl a vivir a Lugo, no lar de María Gómez González, onde ficou ata a súa morte. Recoñecementos O concello de Vigo decidiu no pleno do 31 de marzo de 2008 dedicarlle unha rúa da cidade,"Seis mulleres na memoria" Faro de Vigo, 30/3/2008. e o Ministerio de Fomento deulle o seu nome ao buque anticontaminación que foi botado no outubro do 2008.Páxina web do Ministerio de Fomento Este último acto non foi alleo á polémica, ao non seren invitados os achegadosNoticia Atlántico Diario"Sólo los políticos pudieron brindar por mi madre" Faro de Vigo, 22/10/2008 ..
Sobor da vida das mulleres encarceradas na cadea de Santurrarán foi presentado no Festival de cine de San Sebastián do 2010, o documental de Txaber Larreategi e Josu Martínez Prohibido recordar que protagonizan as fillas da política galega Alicia e Conchita."Prohibido recordar", cárcel de Santurrarán 200px|miniatura|Placa na rúa de Vigo. A 15 de decembro de 2010 e en cumprimento da Lei 52/2007, do 26 de decembro, mediante a cal a democracia española honra a quen padeceron inxusta persecución durante o golpe de estado de 1936 e a ditadura posterior, o ministro Francisco Caamaño Domínguez expediu a Declaración de reparación e recoñecemento persoal ao seu favor, en virtude do ordenado no parágrafo 1, artigo 4 da citada lei.
Foi recoñecida nun mural en Vigo en 2021 como pioneira. miniatura|dereita|Representación de Urania Mella como pioneira nun mural da Marcha Mundial das Mulleres en Vigo en 2021
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ricardo Mella Cea Ricardo Mella Serrano Ligazóns externas
Fragmentos da causa militar seguida contra Urania Mella e Humberto Solleiro Consello da Cultura Galega
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Guerra civil española en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Feministas de Galicia