O señor Bean (título orixinal en ) é unha serie de televisión británica creada por Rowan Atkinson e Richard Curtis, producida por Tiger Aspect e protagonizada polo propio Atkinson. A serie componse de 15 episodios que foron escritos por Atkinson xunto con Curtis e Robin Driscoll; o episodio piloto foi escrito xunto con Ben Elton. A serie emitiuse orixinalmente a través de ITV, dende o 1 de xaneiro de 1990 até o 15 de decembro de 1995.

Baseada nun personaxe desenvolvido orixinalmente por Atkinson mentres estudaba para o seu máster na Universidade de Oxford, a serie céntrase no señor Bean, descrito por Atkinson como "un neno no corpo dun home adulto", xa que el resolve diversos problemas que presentan as tarefas cotiás e con frecuencia provoca desordes no proceso. A serie estivo influenciada por actores de comedia física como Jacques Tati e os dos primeiros filmes mudos.

A serie emitiuse en galego a través da TVG.

Personaxes Mr. Bean: É un neno atrapado no corpo dun adulto, algo do que non ten conciencia. A xente non o comprende, e sofre polo rexeitamento que sente por parte dos demais.

Teddy: É un osiño de peluche adaptado por Bean ó mundo real e do que non se separa xamais.

Longametraxes En 1997, estreouse Bean, un filme baseado na serie de televisión; e en 2007 estreouse a segunda adaptación cinematográfica chamada Mr. Bean's Holiday.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Señor Bean

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1990 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1995 Categoría:Series de televisión do Reino Unido Categoría:Series de televisión con versión galega