Santa Cruz do Incio é unha parroquia do concello do Incio, anexa á do Hospital, na provincia de Lugo. Segundo o INE, en 2025 tiña 231 habitantes (108 homes e 123 mulleres), o que supón un aumento en relación a 2011, cando tiña 221 habitantes.Só ten un núcleo de poboación, a aldea da Cruz do Incio, capital do municipio.
Limita ao norte con Sirgueiros, con Óutara (A Pobra do Brollón) ao sur, Hospital ao leste e Eirexalba ao oeste.
Esta freguesía, antes incluída na de Sirgueiros, creouse a finais do século XIX.
Etimoloxía O Incio procede da forma medieval Onitio, rexistrada dende o século IX.
Patrimonio Vista do interior da igrexa.|dereita|miniatura
A igrexa da Cruz do Incio é un dos mellores exemplos de templo moderno galego integrado no espazo. O arquitecto foi o madrileño José Luis Fernández del Amo, que dirixiu as obras de construción (1961-1963) desta igrexa que explora as posibilidades poéticas e expresivas dunha modernidade que se adapta ás condicións da contorna. A boa arquitectura non debe verse, comentaba el, e non hai máis que achegarse ao Incio para comprobalo.
O diálogo establecido entre os materiais tradicionais, como os muros de lousa e os pavimentos de pedra das canteiras luguesas, e os de carácter industrial, como as cerchas e os soportes de aceiro, xera un espazo moderno e agradable. O campanario foi concibido como un prisma de lousa cego cunha esfera de reloxio no medio, unha celosía ranurada na esquina superior e unha estilizada agulla como remate.
As vidreiras, que enchen de luz o tempo, son obra de José Luís Gómez Paredes. O altar, o sagrario e a imaxe das Dores de José Luís Sánchez Fernández.
En 2015 a Real Academia Galega de Belas Artes incluíu a igrexa nunha listaxe de trece obras de arquitectura moderna de Galicia para as que pediu a declaración de ben de interese cultural (BIC). A obra promoveuna o crego Argimiro, que marchou a Arxentina, e rematou os pagos Angel, o seguinte cura, que tamén promoveu a restauración da igrexa do Hospital.
En 2020 rematou a restauración da igrexa financiada pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
O 8 de abril de 2021 o Consello da Xunta de Galicia declarou a igrexa da Cruz do Incio Ben de Interese Cultural.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares do Incio
Parroquias do Incio
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares do Incio
Categoría:Parroquias do Incio Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación da Santa Cruz Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía