O pilro pequeno ou pilro patimouro (Calidris minuta) é unha ave limícola moi pequena que cría nas zonas árticas de Europa e Asia.

Descrición Mide de 12 a 14 cm de lonxitude cunha envergadura de ás de entre 28 e 31 cm. o peso vai dos 20 ós 30 gramos. A plumaxe da época de cría é vermelle rosada na parte superior do corpo, cun raiado fino na cabeza e no peito. A parte inferior é branca. As patas son negras, detalle que o diferencia da especie Calidris temminckii, moi semellante. A plumaxe invernal é uniformemente gris.

Notas

Categoría:Escolopácidos Categoría:Animais descritos en 1812