Valentin Petrovich Kataev (en ruso Валентин Петрович Катаев), nado en Odesa (Ucraína) o 28 de xaneiro de 1897 e finado o 12 de abril de 1986, foi un escritor soviético.
Traxectoria Xa de rapaz publicaba relatos en revistas literarias de Odesa e San Petersburgo, durante a primeira guerra mundial combateu como artilleiro nas frontes de guerra e actúa tamén como correspondente militar, logo da revolución de outubro tamén loitou na guerra civil en Ucraína. Deixou o Exército Vermello en 1920 e estableceuse como xornalista en Odesa, en 1922 marchou para Moscova e pouco despois entrou na redacción de Гудок (Gutok) e empezou a escribir relatos breves en 1916. A súa primeira novela popular foi Rastratchiki (1926; O desfalco), un conto picaresco de dous aventureiros na tradición de Nikolai Gógol. En 1928 represéntase a súa obra teatral, Kvadratura kruga (A cuadratura do círculo). Colaborador de Pravda, volveu ás frontes na segunda guerra mundial como correspondente de guerra.
Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Escritores de Ucraína Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Nados en Odesa Categoría:Correspondentes de guerra Categoría:Heroes do Traballo Socialista