Santa Ana (do hebreo Hannah, חַנָּה, que significa "graza"), descendente de David, foi a nai da Virxe María e avoa de Xesús Cristo segundo a tradición cristiá e islámica. O seu nome non aparece nos Evanxeos canónicos e no Corán. Tradición Segundo os Evanxeos apócrifos de Santiago e Pseudo-Mateo, un anxo visitou a Ana e o seu home, Xoaquín, despois de anos de infertilidade, para lles anunciar que ían concibir un fillo. Ana prometeu dedicar o meniño ao servizo de Deus. Xoaquín e Ana levaron a María a vivir ao templo cando esta tiña tres anos.
A historia non foi aceptada pola Igrexa de Occidente ata o século XIII, mentres entre a Igrexa ortodoxa o culto a Santa Ana data do século VI. Nos séculos XIV e XV existía a crenza do nacemento virxinal de Ana, denegada como erro polo Vaticano en 1677.
Santa Ana é a patroa de Québec e Bretaña, e das mulleres traballadoras e mineiros, e dos concellos galegos de Carballedo, Cedeira, Cortegada, A Lama, Monterrei, Oímbra, Petín e O Rosal.
En Galicia miniatura|300px|Santa Ana, a Virxe e o Neno, escultura anónima (ca. 1520) da Catedral de Tui (Pontevedra). En Galicia, Santa Ana é tamén titular de tres parroquias (Chaodarcas, no Pereiro de Aguiar; A Portela do Trigal, do de Carballeda de Valdeorras; e A Barcia do Seixo, no da Lama) e nome de cinco lugares.
Risco recolleu a seguinte lenda:
Na cultura popular Dixo doña Ana: terás sempre tela se non matas a raña.
Por terras de Verín, corre este dito que nomea así as sete semanas coa Coresma: Ana, Vagana Nalgunhas fontes, Rabana.,/ Rabeque, Susana,/ Lázaro, Ramos,/ en Pascua estamos.
Festa 26 de xullo
Notas
Véxase tamén Bibliografía MOREIRAS SANTISO, Xesús: Os mil e un refráns galegos da muller. Alvarellos, Lugo 1978. RISCO, Vicente: "Etnografía: cultura espiritual", en Historia de Galiza, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Ed. Nós, Bos Aires 1962, tomo I, px. 348. SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.
Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia