miniatura|260px|No Tiro con arco olímpico, o obxectivo é acertar o máis cerca do centro para obter o máximo de puntos. As setas da imaxe mostran un 10 na do centro e un 9 na outra. O tiro con arco é un deporte no que se utiliza un arco para disparar setas máis lonxe ou máis habitualmente con precisión sobre un albo, a súa orixe está na utilización do arco na caza e nas guerras. A persoa que practica este deporte chámase arqueiro. O tiro con arco olímpico é a modalidade practicada nos Xogos Olímpicos.
Hai dúas modalidades principais, o Tiro con arco con diana regulado pola Federación Internacional de Tiro con arco, é a modalidade usada nos Xogos Olímpicos e o Tiro con arco de campo que ademais das regulamentacións e campionatos da FITA conta coa súa propia federación internacional, a Asociación Internacional de Arquería de campo
Disciplinas oficiais FITA Tiro con arco exterior Tiro con arco en sala Tiro con arco de campo Tiro con arco con esquís Tiro con arco 3D Carreira con arco Tiro a longa distancia Tiro á bandeira
Modalidades locais Beursault, practicada no norte de Francia e Bélxica Popinjay, practicada en Bélxica Tiro ao poste, practicada en Inglaterra
Véxase tamén Ligazóns externas FGTA/ Federación Galega de Tiro con Arco
Categoría:Tiro con arco