miniatura|300px|Espada de lingua de carpa, similar ás atopadas no río Ulla. Unha espada (do latín "spatha", que tamén serviu para denominar á espada romana de cabalaría, que é longa e recta) é unha arma branca dun ou dous gumes que consiste basicamente nunha folla recta cortante, punzante —ou ambas cousas—, con empuñadura, e de certa envergadura ou "marca" (denomínase marca a unha lonxitude a partir de aproximadamente do medio metro). Segundo a definición estrita non serían espadas os sabres, as catanas etc.

Nun senso meirande, téndese a entender por espada calquera arma branca de certa envergadura, independentemente do estilo da folla. O deseño e a construción da espada pode variar moito, segundo a lonxitude da folla, a súa forma, os seus gumes, as súas empuñaduras, a súa procedencia etc. De acordo coas características que posúen, reciben unha determinada denominación que identifica, clasifica e encadra á arma dentro dun tipo particular.

Teñen a súa folla metálica afiada nun ou nos dous gumes se é de tallo, ou sen gumes e con puntas agudas e duras se é de punzar, ou con ambas características. A empuñadura facíase de moitos e diversos materiais, sobre todo se eran espadas para "cinguir" ou de "parada" aristocráticas, pero adoitábase empregar a madeira ou corno recubertos -ou non- de coiro ou cordelería.

Sendo a súa aparición moi temperá (IV milenio a. C.), a súa folla fíxose inicialmente de cobre (moi débil), posteriormente de bronce, ferro e finalmente aceiro temperado. A factura e o manexo da espada permanecen constantes ao longo dos séculos, pero as técnicas varían entre culturas e períodos como resultado das diferenzas no deseño e propósito da folla. Os nomes dados a moitas espadas na mitoloxía, literatura e historia reflicten o alto prestixio da arma (ver lista de espadas). Historia Prehistoria e antigüidade Idade de Bronce As espadas da Idade de Bronce teñen a súa orixe nos traballos do cobre do Mediterráneo e o mar Negro, así como en Mesopotamia. A espada inicia a súa andaina europea mentres que no Próximo Oriente durante un tempo unicamente faise uso de dagas; a espada destronará finalmente ao puñal como arma simbólica do guerreiro. A produción de espadas na China documentase desde a Idade de Bronce, durante a Dinastía Shang.

A empuñadura nas súas orixes consistía simplemente nun mango, que protexía á man de escorregar sobre a folla ao empuxar. No século XV a. C. coñécense na Europa central e nórdica as espadas de lingüeta: as follas teñen unha estreita lingüeta que se insire na empuñadura dando lugar a formas diversas no sistema de enmangado, que chegaron pronto ao Mediterráneo Oriental: Grecia, Chipre e Exipto. As espadas do Bronce Nórdico, desde aproximadamente o 1400 a. C., mostran os característicos deseños espirais.

As primeiras armas que poden ser descritas como 'espadas' datan ao redor de 3100 a. C. Estas atopáronse no sitio arqueolóxico de Arslantepe, Turquía, por Marcella Frangipane da Universidade de Roma; estas están feitas de bronce arsenical, e teñen preto de 60 cm (24 polgadas) de longo.Oldest Swords Found in Turkey en Deviant art Frangipane, M. et.al. 2010: The collapse of the 4th millennium centralised system at Arslantepe and the far-reaching changes in 3rd millennium societies. ORIGINI XXXIV, 2012: 237-260. Algunhas teñen incrustacións de prata. miniatura|125px|esquerda|Parte do relevo dunha escultura ibera onde se representa un guerreiro armado cunha falcata . final s.III, inicio s.II a.C. miniatura|125px|Espada de Bronce.(800 a.C.) Os humanos fabricaron e usarón armas con corte desde a Idade de Bronce. A espada evolucionou a partir do coitelo ou da daga. A espada diferenciouse da daga durante a Idade do Bronce (ao redor do 3000 a. C.), cando se fabricaron armas de cobre e bronce con longas follas en forma de folla e con empuñaduras que consistían nunha extensión da folla en forma de mango. Un coitelo diferénciase dunha daga en que un coitelo ten unha soa superficie de corte, mentres que unha daga ten dúas superficies de corte. A construción de follas máis longas fíxose posible durante o terceiro milenio antes de Cristo en Oriente Medio, primeiro en cobre arsenical, logo en bronce estañado.

As follas de máis de 60 cm eran pouco comúns e pouco prácticas até finais da Idade do Bronce porque a rixidez do bronce é relativamente baixa e, en consecuencia, as follas máis longas dobrábanse con facilidade. O desenvolvemento da espada a partir da daga foi gradual; as primeiras armas que poden clasificarse como espadas sen ambigüidade algunha son as atopadas en Creta, datadas en torno ao 1700 a. C., que alcanzan unha lonxitude total de máis de 100 cm. Estas son as espadas de "tipo A" da Idade do Bronce do Exeo.

As espadas máis longas de 90 cm son raras durante a Idade de Bronce, pois a súa lonxitude excede a capacidade extensible do bronce (aliaxe de cobre e estaño). Non foi ata o desenvolvemento de aliaxes máis fortes, como o aceiro, que a espada longa foi práctica para o combate.

Un dos tipos de espadas máis importantes e duradeiros da Idade do Bronce europeo foi o tipo "Naue II" (chamado así por Julius Naue, quen o describiu por primeira vez), tamén coñecido como "Griffzungenschwert" (lit. 'espada con lengüeta'). Este tipo aparece por primeira vez cara ao século XIII a. C. na norte de Italia (ou nun contexto xeral de cultura dos campos de urnas), e sobrevive até ben entrada a Idade do Ferro, cunha vida útil duns sete séculos. Durante a súa existencia, a metalurxia pasou do bronce ao ferro, pero non o seu deseño básico.

As espadas do tipo Naue II exportáronse desde Europa ata o Exeo e mesmo ata Ugarit, a partir de arredor do ano 1200 a.C., é dicir, apenas unhas décadas antes do colapso final das culturas palaciais durante o colapso da Idade de Bronce.Jung, R.; M. Mehofer (2008). "A sword of Naue II type from Ugarit and the Historical Significance of Italian type Weaponry in the Eastern Mediterranean", Aegean Archaeology 8, 111–36. As espadas Naue II podían acadar unha lonxitude de 85 cm, mais a maioría dos exemplares sitúanse no rango de 60 a 70 cm. Robert Drews relacionou as espadas Naue de tipo II —que se difundiron desde o sur de Europa cara ao Mediterráneo— co colapso da Idade de Bronce. As espadas Naue II, así como as espadas nórdicas de empuñadura completa, fabricáronse tendo en conta tanto a funcionalidade coma a estética. As empuñaduras destas espadas estaban elaboradas con gran beleza e a miúdo contiñan remaches falsos para facer a espada visualmente máis atractiva. As espadas procedentes do norte de Dinamarca e do norte de Alemaña adoitaban presentar tres ou máis remaches falsos na empuñadura.

Cabe sinalar que o metal é, durante longo tempo, un elemento de prestixio co que se fabrican as armas, xoias e obxectos cerimoniais, aos que só teñen acceso as clases dominantes. Para a metalurxia requírese un especialista a tempo completo, mentres que as ferramentas cotiás seguen fabricándose a nivel doméstico, con madeira ou pedra tallada. Tan só a elite e os personaxes de certo poder social están en disposición de posuír estas armas e conseguir conquistas e defensa persoal. Esta diferenza social, forza e carisma, acabará convertendo a estes personaxes en defensores dun territorio e unha poboación, e empezarase a esbozar a figura do heroe.

Idade de Ferro miniatura|125px|Espadas de Hallstatt As espadas de ferro fanse máis comúns a partir do século XIII a. C. Os hititas, os micénicos e a cultura proto-céltica de Hallstatt (século VIII a. C.) figuran entre os primeiros usuarios de espadas de ferro. O ferro tiña a vantaxe de poderse producir en masa, debido a maior cantidade dispoñible de materia prima. As primeiras espadas de ferro non son comparables coas posteriores de aceiro; crebadizas, aínda que superiores ás armas de bronce, pero a súa fácil produción e a maior dispoñibilidade de materia prima permitían por primeira vez o equipamento de exércitos enteiros con armas de metal, aínda que ocasionalmente os exércitos exipcios da Idade de Bronce foron completamente equipados con armamento de bronce.Burton, p.78

Os ferreiros aprenderon finalmente que, engadindo certa cantidade de carbón (engadido durante a redución en forma de carbón de leña) ao ferro, podían producir unha aliaxe mellorada (agora coñecida como aceiro). Na antigüidade existiron varios métodos diferentes de fabricación de espadas, entre os que é máis coñecido o deseño por soldadura (pattern welding). A técnica de deseño por soldadura consistía en unir distintos tipos de aceiro para mellorar a resistencia e tenacidade do material. Nesa época, o aceiro soldado por forxa atopábase case exclusivamente nas rañuras centrais que se lle facían ás follas para reducir a masa e mellorar a flexibilidade e o equilibrio. Chegáronse a desenvolver deseños intricados, que eran considerados a marca do mestre ferreiro.

Antigüidade clásica Co tempo, desenvolvéronse diversos métodos por todo o mundo. No tempo da Antigüidade clásica e os Imperios Parto e Sasánida de Irán, foron comúns as espadas de ferro. A xifos e a kopis gregas e a gladius romana son exemplos deste tipo, medindo aproximadamente de 60 a 70 cm. Máis tarde Imperio romano introduciu a spatha (o vocábulo para a súa empuñadura, spatharius, converteuse nun rango do tribunal en Constantinopla), máis longa, e desde entón o termo espada longa aplícase ás espadas comparativamente longas das súas respectivas épocas.

As espadas chinesas de aceiro fan a súa aparición desde o terceiro século a. C. na Dinastía Qin: atopamos a Dao con só un fío, en ocasións traducida como sabre ou espada ancha, e a jian de dobre fío.

Idade Media

O tipo spatha permanece estendido durante o período das migracións e aínda na Idade Media. As spathas da era Vendel (Suecia, 550-793) estaban decoradas con motivos xermánicos (similares aos dos bracteates -moeda de ouro plana, elaborados tralas moedas romanas). A era viquinga contempla novamente unha produción máis estandarizada, pero o deseño básico segue sendo deudor da spatha.

Só desde o século XI as espadas normandas empezan a desenvolver os gaviláns ou a cruz. Durante as cruzadas do século XII (ou XIII) este tipo cruciforme permanece estable, con variacións que só afectan á forma do pomo. Estas espadas estaban deseñadas como armas cortantes, aínda que se fixeron comúns puntas efectivas para rebater mellóralas na armadura. As espadas dun só fío popularizáronse en Asia. A espada coreana Hwandudaedo, derivada da Dao chinesa, coñeceuse no medievo cedo dos Tres Reinos. A catana xaponesa, cuxa produción se documenta aproximadamente no ano 900 deriva tamén da Dao.

Baixa Idade Media e Renacemento miniatura|150px|Detalle da espada roupeira, usada no século XV e XVI na Europa Occidental. Novos deseños de espada - xunto a mellora da armadura - fóronse desenvolvendo a un ritmo cada vez máis rápido entre 1300 e 1500, durante o Renacemento. O principal cambio foi o alargamento da empuñadura, que permitía o uso ambidiestro, e unha folla máis longa. Este tipo de espada, chamada no seu tempo Langes Schwert (en alemán espada longa) ou spadone, era común cara a 1400, e varios Fechtbücher (libros de esgrima) que se conservan dos séculos XV e XVI ofrecen instrucións sobre o seu uso. Outra variante foi a espada especializada en perforar a armadura, do tipo estoque. A espada longa popularizouse pola capacidade de alcance, de corte e pulo, mentres que o estoque fíxoo pola súa habilidade para alcanzar os ocos entre as placas da armadura. A empuñadura envolvíase en ocasións con arame ou pel de animal para ofrecer unha maior suxeición, á vez que dificultaba a posibilidade de desarme ao golpear a man.