miniatura|Moeda de Claudio II. Unha moeda é un ben económico que ten tres funcións: é un instrumento de unidade de conta, é un instrumento de troco e é un instrumento de reserva de valor. A moeda particular dun país denomínase divisa. As divisas flutúan entre si dentro do mercado monetario mundial (Forex). Deste xeito, podemos establecer distintos tipos de cambio entre divisas que varían en función de diversas variables económicas coma o crecemento económico, a inflación e o consumo interno dunha nación. As divisas máis estendidas debido á política poscolonial son o franco e a libra.

A moeda aparece en forma de pezas metálicas, chamadas moedas ou en forma de pezas de papel, chamados billetes. Tamén se presenta como "diñeiro de plástico" (tarxetas de crédito), como talóns, cheques ou notas promisorias.

Habitualmente, cada país ten establecida polo menos unha moeda oficial sobre o seu territorio presentada baixo diferentes medios de pago tamén de curso legal. En cambio, varios países poden: empregar a mesma moeda (como o euro cos países membros da Unión monetaria europea, ou como Liechtenstein en unión monetaria con Suíza, co franco suízo); adoptar unha divisa estranxeira como unidade monetaria legal, como é o caso de Panamá e o Ecuador (co dólar estadounidense), ou da Cidade do Vaticano, San Marino, Mónaco e Andorra, e, de facto, Kosovo e Montenegro (co euro).

Por motivos prácticos, unha divisa adoitan ter subdivisións, legais ou tradicionais: 1/1000 (os millimos do dinar tunisiano), 1/100 (os céntimos do euro), 1/20, 1/10, 1/8, 1/4 (o cuarto de dólar estadounidense) etc.

Historia

Desde os tempos prehistóricos os seres humanos trocaban os seus bens, en cada grupo humano foise impoñendo unha peza que servía de referente para o intercambio ata que esa peza pasou a representar unha certa cantidade de bens, que non se podía manipular facilmente e que acabou por dar orixe en Asia Menor á moeda como peza de metal que tiña un peso e unha lei garantida polo soberano ou polo estado. A aparición do papel moeda, coñecido na China desde o século VIII e no mundo occidental desde o século XVII supuxo outro chanzo no desenvolvemento da moeda.

A tradición dos cambistas vai unida á aparición do diñeiro e da banca unidas ao comercio, como verdadeiro propiciador da profesión. Son aspectos que van unidos durante moitos séculos. En especial, quizais, foi na Europa medieval onde aflorando moitas cidades que cuñaron a súa propia moeda, cando se comezou a detectar unha profesionalización do oficio.

No último terzo do século XIX, coa aparición do patrón ouro, e da Unión Monetaria Latina establecéronse oficialmente as primeiras paridades reguladas entre as divisas de cada país. O primeiro, en moitos casos de facto, non foi abandonado ata 1914.

No período de entreguerras xa non se puido volver restaurar o sistema, entre moitas outras razóns, porque moitas economías se mostraban fortemente desestabilizadas e porque a produción de ouro era escasa. Na década de 1920, pouco antes da Gran Depresión de 1929, eran trinta e catro países os que adoptaran de novo o Patrón Cambios Ouro. Coas crises, durante a década de 1930, as condicións en Europa non melloraron, facendo que varios países abandonasen o patrón ouro.

Houbo que agardar a finais da segunda guerra mundial, 1944, a que se asinasen os acordos de Bretton Woods dos que xurdiu o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial coa finalidade de lograr a estabilidade dos cambios de divisas. Como consecuencia da Guerra de Vietnam, rompéronse os acordos en 1971. Despois de 1976, e da desaparición do sistema de cambio fixo, o FMI tomou un papel preponderante ante países en desenvolvemento e crises financeiras internacionais.

Lista de divisas Azerbaidján - Manat acerbaixano Afganistán - Afgani Albania - Lek Alemaña - Euro Alxeria - Dinar alxeriano Andorra - Euro Angola - Kwanza Antiga e Barbuda - Dólar do Caribe Oriental Arabia Saudita - Riyal Armenia - Dram Arxentina - Peso arxentino Australia - Dólar australiano Austria - Euro Bahamas - Dólar bahamés Bahrain - Dinar bahrainí Bangladesh - Taka Barbados - Dólar barbadés Bélxica - Euro Belize - Dólar belizense Benín - Franco CFA Belarús - Rublo belaruso Birmania - Kyat Bolivia - Boliviano Bosnia e Hercegovina - Marco convertible Botswana - Pula Brasil - Real Brunei - Dólar bruneiano Bulgaria - Lev Burkina Faso - Franco CFA Burundi - Franco burundiano Bután - Ngultrum Cabo Verde - Escudo caboverdiano Camboxa - Riel Camerún - Franco CFA Canadá - Dólar canadense Kazakhstán - Tenge República Centroafricana - Franco CFA Chad - Franco CFA República Checa - Coroa checa Chile - Peso chileno China - Iuan Chipre - Euro Colombia - Peso colombiano Comores - Franco comoriano República do Congo - Franco CFA República Democrática do Congo - Franco congolés Corea do Norte - Won norcoreano Corea do Sur - Won surcoreano Costa do Marfil - Franco CFA Costa Rica - Colón costarriqueño Croacia - Euro Cuba - Peso cubano Djibuti - Franco djibutiano Dinamarca - Coroa dinamarquesa Dominica - Dólar do Caribe Oriental República Dominicana - Peso dominicano Ecuador - Dólar estadounidense Emiratos Árabes Unidos - Dirham dos Emiratos Árabes Unidos Eritrea - Nakfa Eslovaquia - Euro Eslovenia - Euro España - Euro Estados Unidos - Dólar estadounidense Estonia - Euro Eswatini - Lilangeni Etiopía - Birr Exipto - Libra exipcia Fiji - Dólar fixiano Filipinas - Peso filipino Finlandia - Euro Francia - Euro Gabón - Franco CFA Gambia - Dalasi Ghana - Novo cedi Granada - Dólar do Caribe Oriental Grecia - Euro Guatemala - Quetzal Güiana - Dólar güianés Guinea - Franco guineano Guinea-Bissau - Franco CFA Guinea Ecuatorial - Franco CFA Haití - Gourde Honduras - Lempira Hungría - Forint Iemen- Rial iemení India - Rupia india Indonesia - Rupiah Irán - Rial iraniano Iraq - Dinar iraquí Irlanda - Euro Islandia - Coroa islandesa Israel - Novo shekel Italia - Euro Kenya - Xilin kenyano Kirguizistán - Som kirguiz Kiribati - Dólar australiano Kuwait - Dinar kuwaití Laos - Kip Lesotho - Loti Letonia - Euro Líbano - Libra libanesa Liberia - Dólar liberiano Libia - Dinar libio Liechtenstein - Franco suízo Lituania - Litas Luxemburgo - Euro Macedonia do Norte - Denar Madagascar - Ariary Malaisia - Ringgit Malawi - Kwacha de Malawi Maldivas - Rufiyaa Malí - Franco CFA Malta - Euro Marrocos - Dirham marroquí Illas Marshall - Dólar estadounidense Mauricio - Rupia mauriciana Mauritania - Ouguiya México - Peso mexicano Micronesia - Dólar estadounidense Moldova - Leu moldovo Mónaco - Euro Mongolia - Tugrik Montenegro - Euro Mozambique - Metical Namibia - Dólar namibio Nauru - Dólar australiano Nepal - Rupia nepalesa Nicaragua - Córdoba Níxer - Franco CFA Nixeria - Naira Noruega - Coroa norueguesa Nova Zelandia - Dólar neozelandés Omán - Rial omaní Países Baixos - Euro Palau - Dólar estadounidense Panamá - Balboa Papúa-Nova Guinea - Kina Paquistán - Rupia paquistaní Paraguai - Guaraní Perú - Nuevo sol Polonia - Złoty Portugal - Euro Qatar - Rial qatarí Reino Unido - Libra esterlina Romanía - Leu romanés Ruanda - Franco ruandés Rusia - Rublo ruso Saint Kitts e Nevis - Dólar do Caribe Oriental Illas Salomón - Dólar das Illas Salomón O Salvador - Dólar estadounidense Samoa - Tala San Marino - Euro San Tomé e Príncipe - Dobra San Vicente e as Granadinas - Dólar do Caribe Oriental Santa Lucía - Dólar do Caribe Oriental Seychelles - Rupia seichelesa Senegal - Franco CFA Serbia - Dinar serbio Serra Leoa - Leone Singapur - Dólar singapuriano Siria - Libra siria Somalia - Xilin somalí Sri Lanka - Rupia srilankesa Sudán - Libra sudanesa Sudán do Sur - Libra sursudanesa Suecia - Coroa sueca Suíza - Franco suízo República Surafricana - Rand Suriname - Dólar surinamés Tailandia - Baht Tanzania - Xilin tanzano Tadjiikistán - Somoni Timor Leste - Dólar estadounidense Togo - Franco CFA Tonga - Pa'anga Trinidad e Tobago - Dólar de Trinidad e Tobago Tunisia - Dinar tunisiano Turkmenistán - Manat turcomán Turquía - Lira turca Tuvalu - Dólar australiano Ucraína - Hryvnia Uganda - Novo xilin ugandés Uruguai - Peso uruguaio Uzbekistán - Som uzbeko Vanuatu - Vatu Vaticano - Euro Venezuela - Bolívar venezolano Vietnam - Dong vietnamita Xamaica - Dólar xamaicano Xapón- Ien Xeorxia- Lari Xordania - Dinar xordano Zambia - Kwacha zambiano Outros territorios Abkhazia - Rublo ruso Akrotiri e Dhekelia - Euro Alderney - Libra esterlina, libra de Guernsey Anguila - Dólar do Caribe Oriental Artsakh - Dram Aruba- Florín de Aruba Illa de Ascensión- Libra esterlina Bermudas - Dólar bermudano Bonaire - Dólar estadounidense Illas Caimán - Dólar das Illas Caimán República Turca do Norte de Chipre - Lira turca Illas Cocos - Dólar australiano Illas Cook - Dólar das Illas Cook, dólar neozelandés Curaçao - Florín das Antillas Neerlandesas Illas Feroe - Coroa feroesa, coroa dinamarquesa Guam - Dólar estadounidense Guernsey - Libra de Guernsey, libra esterlina Hong Kong - Dólar de Hong Kong Illa de Jersey - Libra de Jersey Kosovo - Euro Macau - Pataca Illas Malvinas - Libra das Illas Malvinas Illa de Man - Libra manesa, libra esterlina Illas Marianas do Norte - Dólar estadounidense Illa Montserrat - Dólar do Caribe Oriental Niue - Dólar neozelandés Nova Caledonia - Franco CFP Osetia do Sur - Rublo ruso Palestina - Novo shekel, dinar xordano Illas Pitcairn - Dólar neozelandés Polinesia Francesa - Franco CFP Porto Rico - Dólar estadounidense Saba - Dólar estadounidense Sáhara Occidental - Dinar alxeriano, ouguiya, dirham marroquí, peseta saharauí Santo Eustaquio - Dólar estadounidense Santa Helena - Libra de Santa Helena Sint Maarten - Florín das Antillas Neerlandesas Somalilandia - Xilin somalí Taiwán - Novo dólar taiwanés Territorio Británico do Océano Índico - Dólar estadounidense Transnistria - Rublo transnistriano Tristan da Cunha - Libra de Santa Helena Illas Turcas e Caicos - Dólar estadounidense Illas Virxes Británicas - Dólar estadounidense Illas Virxes Estadounidenses - Dólar estadounidense Wallis e Futuna - Franco CFP Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur - Libra esterlina Xibraltar - Libra xibraltareña

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Coleccionismo de moeda Historia da moeda en Galicia Moeda cuñada en Galicia Moeda da Antiga Roma Moeda da Antiga Grecia Moeda grega da Península Itálica e Sicilia Peto (recipiente)

Ligazóns externas Revista científica de Numismática OMNI Base de Datos de Moedas en liña (WikiMoneda)

Categoría:Moedas Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Ciencias sociais)