Blood Filloas foi un grupo de indie rock de Ferrol. Foi dos poucos grupos na escena penínsular en cultivar dito estilo. Aínda que cantaban a maioría dos seus tema en inglés, a raíz das súas aparicións en diversas escenas da vida cultural e artística galega, como o Xabarín Club, estiveron ligados ó denominado movemento bravú. Entre as súas influencias estaban grupos como The Clash, Redd Kross, Hüsker Dü, Nirvana, The Posies, Undertones, Fuzztones, The Sonics, Wreckless Eric, Buzzcocks, Blondie ou Parasites.
Historia
O xermolo do grupo ten lugar no salón de actos do colexo público A Xunqueira de San Valentín (Fene), onde actúan Los Hijos Espurios de Riveira Arnoso (antigo alcalde de Fene -BNG-). Os compoñentes eran Daniel Alonso (voz), Fernando Cabalo (guitarra), Carlos Reina (baixo) e Alberto Alonso (batería).
O 30 de maio de 1992 toca o primeiro embrión da banda nos Encontros de Primavera - Letras Galegas 92, no concello de Culleredo. Dani (voz e batería), Fernando (guitarra) e Óscar (baixo) fan versións de The Sonics, The Clash, Siniestro total, Nirvana e Andrés do Barro. A formación chamábase Deep Sound. Tocarían outra vez co antedito nome o 13 de xuño no Seixo (Ferrolterra)
O 19 de febreiro de 1993 tocan no concurso A Mocidade coa Lingua, cun premio de 7500 pesetas, xa como Blood Filloas. O cambio de nome debeuse á entrada dun novo compoñente, Toni á batería. Ante unhas 200 persoas interpretaron o seu repertorio habitual, máis algún tema novo, pero cunha característica peculiar, todo en galego; así, "The Sunshinne of your Love" convertíase en "Corta o pelo Landrú". Gañaron o premio e quedaron clasificados para Ferrol.
O 8 de maio tocan na Praza Vermella de Cedeira xunto a Slot, Amadeus e Os Maruxa. O 11 de xuño é a final do concurso promovido dende os Institutos de Bacharelato da comarca, A Mocidade coa Lingua, na Praza de Amboage de Ferrol. Tocaron os temas "Corta o pelo Landrú" e "You Know" (¡Mais o que ben quixo un día!) adaptando un poema de Rosalía de Castro. Gañaron o premio, 30.000 pesetas, e deixaron o instituto.
O 19 dese mesmo mes actúan no Casino de Fene como abreconcertos da Orquesta Los Capris, acompañados por Danny Abeledo ós teclados e Alberto Malpaso á harmónica. O 25 de xuño tocan no Pub Queliceros de Ferrol, e o 13 de agosto na praza do concello de Fene.
O 8 de outubro tocan na discopub Bristol de Ferrol, tendo como abreconcertos a El álamo. Tres temas marcan aquela actuación e seu estilo posterior como banda: "I need you" de The Kinks, "Psycho" de The Sonics, e "Corre corre" de Los Salvajes. Repiten nesa sala o 21 de novembro, desta volta con Escuadrón diabólico, Torniquete menstrual, Blind river e Tender Trap.
O 10 de decembro compoñen e gravan a sintonía do programa musical Gorevisión (TV Narón), que comeza a súa emisión o 30 dese mes. Nese programa emítese a primeira actuación de Victor Álvarez coa banda, sendo un punto de inflexión na busca dunha identidade musical para a mesma. Así, co cambio de ano, Víctor substitúe a Óscar no baixo, e Nicolás Lage fai o propio relevando a Toni na batería.
O día 10 de xaneiro editan a súaa primeira maqueta, Blood Filloas. Gravada no local de ensaio da Carricoa, en San Xoán de Filgueira (Ferrol). Incluía os temas "I´m calling you ", "Are you crazy", "Asian girl", "Harvey Captain Theme", She´s cool", "Targets!" e "Gorevision". Nesa época Txiki Calvo (presentador do programa musical Gorevisión) convértese en representante da banda.
Son incluídos coa primeira maqueta na lista do programa Disco Grande, de Radio 3.
O 13 de outubro emítese o último programa de Gorevisión. O 15 de decembro editan a súa segunda maqueta: Science Fiction. Gravada e mesturada por Marcos Sedes e a propia banda en Pop Corn (Ferrol), e con portada deseñada por Ángela Arias. Incluía os temas "Capitain Harvey", "Are you crazy?", "Asian girl", "She is cool", "Targets!" e "Kill someone you want".
O 28 de xaneiro de 1995 Anxo García "Pulpo" entra como batería, xa definitivo. O 20 de abril chegan á final do concurso do Bar "Nirvana" de Madrid, entre 400 grupos. O 29 de abril gravan o seu primeiro sinxelo, Blandi-Blood, nos Estudios Fussion (Vigo), para Toxic Records, selo propiedade de Billy King, membro de Killer Barbies.
O 12 de maio gravan dous temas en son pregravado para o programa da TVG Clipmanía: "She is cool" e "My Cake". O 17 de xuño, tamén nos Estudos Fussion de Vigo, gravan o tema "Superheroe" para o Xabarín Club. O 1 de xullo gañan o concurso do Bar Planta Baixa de Vigo. O premio era a gravación dun LP. En agosto fan a súa primeira xira, que os leva por Valencia, Alacant, Albacete e Murcia. O 24 de setembro foron abreconcertos da banda dos Ánxeles White Flag en Ferrol, e o día 28 á banda de Seattle The Posies en Vigo. O 11 de novembro comeza a emitirse o videoclip do tema "Superheroe", incluído no recompilatorio A cantar con Xabarín. O 9 de xaneiro de 1996 actúan no Ferrol con Los Limones no espectáculo itinerante do Xabarín Club. Nese mesmo mes o fanzine Subterfuge edítalles un sinxelo de vinilo, compartido co grupo Frogger. Tamén nese mes gravan unha versión do clásico "Mack the Knife" para a BSO da curtametraxe The End, debut en 35 mm e terceira colaboración co tamén ferrolán Carlos Alberto Alonso.
A súa canción "Asian Girl", na que colabora Silvia Superstar, aparece na BSO de Killer Barbies, película de Jess Franco. Editan o seu primeiro CD, Toys are us, con "Subterfuge Records", producido por Fernando Pardo (membro de Sex Museum e como parte do premio do concurso de Planta Baixa. Realizan a función de abreconcertos dos australianos DM3 na xira que os levou por Madrid, Ourense, Vigo, León, Valencia, Castelló, St. Ettiene (Francia), Lión (Francia), Bordeos (Francia) e Bilbao.
En 1997 seguen coa xira do Toys are us, tocando por Galiza e saíndo a Madrid, León e Alcalá de Henares. Realizan a xira "Xeración Xabarín" canda Os Rastreros e O Caimán do río Tea.
Deron o seu último concerto en 1998 en Limodre, Fene.
No 2023 reuníronse outra vez para actuar no 25 aniversario do Felicia Pop Festival.
Discografía Álbums Blandi Blood EP (1995). "Teenage Tales" "My cake" "Dreaming"
Blood Filloas vs Frogger (1995). "She is cool" "Target"
Toy are us (1996). "Stuck up" "Squeezed out Rose" "Succes" "Green kross" "Aliens from Mars" "Asian girl" "My cake" "Superheroe"
Concertos Data Localidade Lugar Notas 1993 19 de Febreiro Fene Local Social Barallobre 08 de Maio Cedeira Praza Roxa 11 de Xuño Ferrol Praza de Amboage 16 de Xuño Fene Casino de Fene (Piscina) ?????? Fene Pub Den 25 de Xuño Ferrol Pub Queliceros 13 de Agosto Fene Praza do Concello 08 de Outubro Ferrol Bristol 21 de Novembro Ferrol Bristol 30 de Decembro Ferrol Gorevisión 1994 15 de Abril Ferrol Kristtal ?????? Vigo La Iguana 1995 20 de Abril Madrid Nirvana Bar 12 de Maio Santiago de Compostela Clipmania 17 de Xuño Vigo Planta Baixa 01 de Xullo Vigo Planta Baixa 26 de Xullo Pontedeume Via Pública 30 de Xullo Ferrol Plaza de Amboage 25 de Agosto Alcoy La Morera 26 de Agosto Almansa Piscina Municipal 24 de Setembro Ferrol Kristtal 28 de Setembro Vigo La Iguana Club 30 de Setembro Valdoviño Playa de Pantín 10 de Novembro Fene Pub Den 16 de Novembro Valencia Besame Mucho 17 de Novembro Yecla Betty Boo 18 de Novembro Xàbia Quatre Vents 19 de Novembro Almansa Codigo de barras 09 de Decembro Vigo Malasaña bar 21 de Decembro Ferrol Escuela Politecnica 28 de Decembro Almansa Codigo de barras 29 de Decembro Albacete Guitar Club 1996 09 de Xaneiro Narón Polideportivo Naron 13 de Xaneiro Vigo La Iguana Club Presentación single 24 de Febreiro Narón Tres D 08 de Marzo Ferrol Kristtal + Frogger 09 de Marzo Vigo Planta Baixa + Frogger 26 de Abril A Coruña Playa Club + Los Enemigos 17 de Maio Ferrol Histeria + Tit Lickers 31 de Maio Ferrol Instituto Montojo 12 de Xullo Almansa Codigo de barras 13 de Xullo Yecla Betty Boo 02 de Agosto Oia Campo de Futbol de Mougas 11 de Agosto Arzua Plaza del ayuntamiento 17 de Agosto Valdoviño Playa de Pantín 19 de Setembro Madrid El Sol + DM3 20 de Setembro Ourense Salamandra + DM3 21 de Setembro Vigo La Iguana Club + DM3 22 de Setembro León Platón + DM3 24 de Setembro Burgos Taquería Sonora + DM3 26 de Setembro Valencia Roxy + DM3 28 de Setembro Yecla Jumbo + DM3 29 de Setembro Castellón Ricoamor + DM3 30 de Setembro Saint-Genest-Malifaux Ravarine + DM3 01 de Outubro Lyon Le Monde a L'envers + DM3 03 de Outubro Bordeos New Jimmy + DM3 05 de Outubro Bilbao Kafe Antzokia + DM3 22 de Novembro Ferrol Kallejon + Fee Sorry 27 de Novembro Cambados Alen Rock 1997 27 de Febreiro Ferrol A Santa Compaña 06 de Marzo Madrid Trilobyte 07 de Marzo Alcala de Henares Bar Motorfinger + Cowheads 20 de Marzo Santiago de Compostela Sala Nasa + Rastreros / O Caimán do Río Tea 26 de Marzo Bembibre, León Colorete + Os Papaqueixos 19 de Abril Ferrol A Santa Compaña 24 de Abril Pontevedra Fiesta Universitaria + Os Papaqueixos 25 de Abril Ponteareas Ue! 26 de Abril Baiona Marrucho 30 de Abril O Barco de Valdeorras De Cine 06 de Xullo Illa de Arousa Festival 24 de Xullo Monforte La Movida 25 de Xullo Viveiro Blue Note 1998 20 de Febreiro Fene Local Social Limodre 2023 5 de Agosto Fene Parque da Hortiña Felicia Pop Festival
Categoría:Grupos musicais de Ferrol Categoría:Grupos musicais formados en 1992 Categoría:Grupos musicais do Xabarín Club