miniatura|260px O río Ganxes ou Ganga —en lingua sánscrita e na maioría das linguas indias, gáṅgā, que significa «va, va», ou sexa, «que se move rapidamente»; en escritura devánagari, गंगा; no sistema IAST de transliteración, gaṅgā— é un río internacional do subcontinente indio que flue a través da India e Bangladesh. O curso da auga, de 2525 km, nace nos Himalaias occidentais no estado indio de Uttarakhand, e flue cara o sur e o leste a través da chaira indoganxética da India do Norte, que recibe o afluente da súa marxe dereita, o río Yamuna, que tamén nace no Himalaia indio occidental, e varios afluentes da marxe esquerda procedentes do Nepal que representan a maior parte do seu caudal.. "Os afluentes que nacen no Nepal e na China, como o Kosi, o Gandaki, o Kamala, o Bagmati, o Kamali e o Mahakali, representan ao redor do 45% do caudal do Ganxes». No estado de Bengala Occidental (India), unha canle artificial que parte da súa marxe dereita desvía o 50% do seu caudal cara ao sur, conectándoo artificialmente co río Hooghly. O Ganxes continúa cara a Bangladesh, onde recibe o nome de Padma. A continuación únenselle o Jamuna, a corrente inferior do Brahmaputra, e finalmente o Meghna, formando o principal estuario do delta do Ganxes, o maior delta do mundo. e desembocando no golfo de Bengala. O sistema Ganxes-Brahmaputra-Meghna é o segundo río máis caudaloso do mundo.
O tronco principal do Ganxes comeza na cidade de Devprayag, na confluencia do Alaknanda, que é o arroio fonte hidrolóxico debido á súa maior lonxitude con respecto o Bhagirathi que esta considerado como arroio fonte na mitoloxía hindú.
A area de Sundarbans («fermosos bosques») é unha rexión de bosque espeso de mangleirais e un dos principais hábitats do tigre de Bengala. Nela atópase o parque Nacional dos Sundarbans que foi declarado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1997.
O Ganxes e os seus afluentes drenan unha conca fértil de 907 000 km² que soporta unha gran concentración de poboación, cunha das densidades máis altas do mundo (en 2005, unha de cada doce persoas do mundo vivía na rexión). A súa profundidade media é de 16 m e máxima de 30 m. É o máis importante dos sete ríos sacros do hinduísmo no que millóns de fieis báñanse para purificarse. Os indios van ao río a morrer en multitude na crenza de que morrer no Ganxes, e especialmente en Benarés, na ribeira esquerda, fai posible finalizar o ciclo de reencarnacións e alcanzar o moksha (o equivalente do nirvana dos budistas). É personificado como Maa Ganga (nai Ganxes) ou Ganga Deví (deusa Gaṅgā). Segundo a tradición, en tempos inmemoriais as augas do Ganxes cruzaban o ceo, mentres as terras desérticas da India perecían de sede.
O rei Bhagiratha elevou pregarias aos deuses para que o ceo regase coas súas augas as terras sedentas; os deuses atendérono e enviaron as augas á terra, aínda que caeron con tal violencia que ameazaron con acabar coa vida de todos os homes. Entón ocorreu o milagre: Shiva, compadecido da humanidade atribulada, fixo que as augas caesen sobre a súa cabeza e escorregasen polos seus longos cabelos durante mil anos, antes de que o río sacro nacese no Himalaia, manso e moderado, sen perigo para os homes.
Tamén é vital para os 400 millóns de indios que aínda hoxe viven preto do seu curso e dependen del para as súas necesidades diarias. Historicamente tamén xogou un importante papel como vía vertebradora e sustento de moitas antigas capitais provinciais ou imperiais (como Kannauj, Kamilya, Kara, Prayag ou Prayagraj, Kashi, Pataliputra o Patna, Hajipur, Munger, Bhagalpur, Baranagar, Murshidabad, Baharampur, Nabadwip, Saptagram e Calcuta). É con todo un dos ríos máis contaminados do mundo e unha importante fonte de contaminación oceánica a escala mundial debido á vertedura de refugallos plásticos. Un estudo desenvolvido polo Centro Helmholtz para a investigación medioambiental e publicado en 2018 sitúao como o primeiro dos 10 ríos que máis achegan á contaminación mariña xa que arrastra anualmente 545 millóns de quilos de refugallos plásticos. Os niveis de bacterias coliformes fecais procedentes de refugallos humanos nas augas do río preto de Varanasi superan no medio millón de veces o límite oficial do goberno da India. O Plan de Acción de Ganxes, unha iniciativa ambiental para limpar o río, foi un gran fracaso até o momento, debido á corrupción, á falta de vontade por parte do goberno e á súa burocracia, á falta de experiencia técnica, a unha planificación ambiental deficiente, e á falta de apoio das autoridades relixiosas. A súa alta contaminación é unha ameaza para os seres humanos e a fauna, que involucra unhas 140 especies de peixes, 90 especies de anfibios e dúas especies de golfiños, o golfiño do Ganxes, en perigo de extinción, e o golfiño Irrawaddy. É tamén interesante por unha especie estraña de quenllas, o Glyphis gangeticus, cuxa conservación considerase en perigo crítico. Xeografía Curso Curso alto: en Uttarakhand miniatura|upright|O río Bhagirathi no glaciar Gangotri. miniatura|upright|As cabeceiras no Himalaia do Ganxes, na rexión Garhwal de Uttarakhand. As correntes de cabeza e os ríos están rotulados en cursiva; as alturas das montañas, lagos e pobos móstranse en metros entre parénteses.
O seu curso principal comeza na confluencia dos ríos Bhaguirati e Alaknanda na cidade de Devprayag na división de Garhwal do estado indio de Uttarakhand. Na cultura e a mitoloxía hindú, considérase que o Bhagirathi é a fonte do Ganxes, aínda que o Alaknanda é máis longo, e, por tanto, hidroloxicamente, é a verdadeira fonte.
As cabeceiras do Alakananda, localizadas no parque nacional de Nanda Devi (1982, Patrimonio da Humanidade desde 1989Declarado conxuntamente co parque nacional do Val das Flores. Véxase en: Nanda Devi and Valley of Flowers National Parks.), están formadas pola neve derretida de picos como o Nanda Devi , o Trisul e o Kamet . O Bhagirathi nace ao pé do glaciar Gangotri, en Gomukh, a unha altitude de 4.356 m, sendo mitoloxicamente denominado como o que reside nos guechos de Shiva, simbolicamente Tapovan, un prado de beleza etérea aos pés do monte Shivling, a só 5 km de distancia.
Aínda que moitos pequenos regatos comprenden a cabeceira do Ganxes, os seis máis longos e as súas cinco confluencias considéranse sagrados. As seis fontes son Alaknanda, Dhauliganga, Nandakini, Pindar, Mandakini e Bhagirathi. As súas confluencias, coñecidas como Panch Prayag, están ao longo do Alaknanda. Son, en orde augas abaixo, Vishnuprayag, onde o Dhauliganga se une ao Alaknanda; Nandprayag, onde se xuntan os Nandakini; Karnaprayag, onde se xunta o Píndaro; Rudraprayag, onde se xuntan os Mandakini; e, finalmente, Devprayag, onde o Bhagirathi se une aos Alaknanda para formar o Ganxes.
Despois de fluír durante a través do estreito val do Himalaia, o Ganxes emerxe das montañas en Rishikesh, cidade santa e de peregrinación, considerada a «Porta aos Himalaias Garhwal» e a «capital mundial do Ioga». miniatura|upright|Estatua de Shiva en Har-ki-Pauri, Haridwar Logo penetra na chaira ganxética e a pouco máis de 10 km ao sur alcanza outra cidade santa de peregrinación, Haridwar cidade onde na tradición hindú a deusa Ganga apareceu cando Shiva liberou o poderoso río dos guechos do seu cabelo. Haridwar é considerada como un dos sete lugares máis sacros (Sapta Puri) para os hindús. Segundo o mito do Samudra manthan, é —xunto con outros catro sitios, Ujjain, Nashik e Prayagraj — onde as pingas de Amrit, o elixir da inmortalidade, derramáronse accidentalmente desde a xerra mentres era transportada polo ave celeste Garuda. Brahma Kund, o lugar onde caeu Amrit, atópase en Har ki Pauri (literalmente, 'pasos do Señor') e considérase o ghat máis sacro de Haridwar.
Isto maniféstase na peregrinación do Kumbha Mela, que se celebra cada 12 anos, cando millóns de peregrinos, devotos e turistas congréganse na cidade para realizar un baño ritual no Ganxes para lavar os seus pecados e alcanzar o moksha. Haridwar tamén é o centro doutra peregrinación, a de Kanwar, na que millóns de participantes recollen auga sacra e lévana por centos de quilómetros para ofrecer nos santuarios de Śiva. En setembro de 2015, o ministro de turismo da Unión, Mahesh Sharma, anunciou que Rishikesh e Haridwar serán as primeiras cidades na India que recibiran o título de «cidades xemelgas con patrimonio nacional».Centre to declare Haridwar Rishikesh national heritage cities
En Haridwar, unha presa, situada a uns 300 m.s.n.m., desvía parte das augas do río cara ao canle do Ganxes, construído polos británicos entre 1842 e 1854 que irriga a rexión do Doab de Uttar Pradesh.: «En ningures ponse isto máis de manifesto que na construción das cabeceiras das canles e, en particular, na da canle do Ganxes en Hardwar. A vantaxe de elixir este lugar para a cabeceira era que partía dun punto elevado (onde o río emerxe dos outeiros) e evitaba así o problema de construír unha presa no leito @arenoso do río (o leito era aínda rochoso en Hardwar) e de «elevar», mediante terrapléns, a canle fóra do khadir de varios quilómetros de ancho polo que discorría o río Ganxes a un nivel máis baixo que as chairas do Doab.» O Ganxes, cuxo curso se encamiñaba máis ou menos cara ao suroeste até ese punto, comeza a virar cara ao sueste para describir un amplo arco duns 800 km a través das chairas do norte de India, que por el chámase chaira ganxética, unha planicie con pouco desnivel e na que recibe numerosos e longos afluentes. Pouco despois de entrar na chaira, abandona o estado de Uttarakhand e penetra no de Uttar Pradesh, polo seu extremo noroccidental, considerando que o río, cuxo curso fluíu aproximadamente suroeste até este punto, agora comeza a fluír cara ao sueste a través das chairas do norte da India. En Uttar Pradesh miniatura|upright|Ghat en Bithoor miniatura|upright|En Kanpur durante o monzón miniatura|upright|A presa do Ganxes, a entrada da cidade de Kanpur miniatura|upright|En Mirzapur Pasa polas cidades de Bijnor, Anupshahar, Narora, Kachhla e Kannauj (antiga capital imperial da dinastía Pushyabhuti a finais do século VII.) Segue logo o Ganxes o seu avance en dirección suroeste por Farrujābād e recibe, pola marxe esquerda e chegando desde o Himalaia, ao río Rāmgangā , que lle achega un caudal anual medio duns 500 m³/s. Logo pasa por Bithoor (unha cidade de peregrinación hindú, que sería o lugar de nacemento dos fillos de Rama, Luv e Kush) e finalmente chega a Kanpur.
Xusto antes de entrar en Kanpur está embalsado mediante a presa do Ganxes, unha presa de 621 m de lonxitude inaugurada no 2000 que quere cambiar a fisionomía da cidade dispondo un xardín botánico e acondicionando a canle canalizada ao seu paso pola cidade. Ao saír de Kanpur pasa fronte a unha das súas cidades suburbiais, Jajmau, un importante centro industrial que ten as maiores empresas da pel e onde está o aeroporto de Kanpur.
Únese despois ao río Yamuna (1 300 km) na Triveni Sangam, preto da cidade sacra de Prayag, agora Prayagraj, nunha confluencia sacra para o hinduísmo. Nesa confluencia o Yamuna é máis caudaloso que o propio Ganxes, contribuíndo aproximadamente con 2950 m³/s, aproximadamente o 58.5 % do caudal combinado. Fronte a confluencia está a cidade de Jhusi.
Segue cara ao leste e atópase co río Tamsa (tamén chamado Tons ou Tauns), de 400 km de lonxitude, que o aborda polo sur chegando desde a cordilleira de Kaimur e contribúe cun caudal medio duns 187 m³/s. Continua pola pequena localidade de Sirsa , onde hai unha central eléctrica da NTPC Limited, e pasa polas cidades de Chunar, Mirzapur e Benarés (Varanasi).