A batalla de Nedao foi un enfrontamento militar entre os hunos e varios pobos xermánicos, especialmente xépidos e ostrogodos, que tivo lugar en Panonia no 454. Aínda que o río Nedao non está identificado, crese que puido ser o nome dun río afluente do Save.

Contexto Aínda que durante a década de 440, o Imperio Huno avanzou cara Europa Occidental, os reveses na Galia no 451 e na Península Itálica no 452, provocou o seu retroceso. A situación agravouse ao morrer Atila o ano seguinte. Seus fillos, Elac, Hernac e Dengizic, enleáronse nunha auténtica guerra civil para se converteren en herdeiros do imperio e as liortas facilitaron que varios pobos xermánicos que combatían con eles como vasalos, levaran a cabo unha revolta para se independizaren. Ardarico, o rei dos xépidos que fora un dos xenerais máis fieis de Atila, e conselleiro del, liderou a revolta á que, tamén, se uniron os ostrogodos cos seus reis Teodomiro, Valamiro e Videmiro.

Batalla O exército dos hunos foi derrotado e, durante a batalla ou inmediatamente despois, morreu Elac. Deste xeito, xépidos e ostrogodos obtiveron a independencia respecto do imperio dos hunos, que xa empezara a desintegrarse. Os poucos hunos que sobreviviron foron rexeitados por Ardarico e fuxiron cara ao Mar Negro o que deixou ceibes a maior parte dos pobos que, até ese momento, eran vasalos ou dependentes dos hunos. Porén, os hunos, non acabarán desaparecendo totalmente da zona e atacando a eses pobos que se liberaron.

Hipóteses actuais Xordanes afirmou que na batalla de Nedao os ostrogodos loitaran contra os hunos, mais esta tese é rexeitada por historiadores actuais como Herwig Wolfram e Hyun Jin Kim. Este último cre que esta é unha historia inventada e que o propio rei ostrogodo loitou aliado aos hunos. Por outra branda, J. R. Martindale e Franz Altheim aceptan que os ostrogodos estaban entre os vencedores de Nedao, mentres que moitos outros, entre eles Otto J. Maenchen-Helfen, opinan que non tiveran ningunha participación.

Consecuencias Como consecuencia da batalla, o dominio dos hunos sobre Europa Central e Oriental foi decaendo. Resulta difícil reconstruír o curso exacto dos acontementos mais, parece ser que, contra a década de 460 o Imperio Huno foise disolvendo e os xépidos, ruxios, hérulos, suevos e ostrogodos se independizaron para se converteren en federados do Imperio Romano. Os hunos, reorganizados por Dengizic, mudáronse ao leste onde atacaron o Imperio Romano de Oriente e foron, finalmente derrotados en 469. A partir desa data, os hunos desapareceron da historia europea. Outro grupo a cuxo manda estaba Hernac, pactaron un foedus cos romanos que lles permitiron ocupar o territorio nos arredores de Dobruia (Romanía).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Nedao Categoría:454 Categoría:Batallas dos suevos Categoría:Batallas dos hunos Categoría:Batallas dos ostrogodos