Teodato, finado en 536, foi duque de Tuscia e reinou sobre os ostrogodos do ano 534 ao 536.
Traxectoria Fillo de Amalafrida, irmá de Teodorico o Grande, ascendeu ao trono ao casar coa súa curmá Amalasunta, filla de Teodorico. Fixo exiliar á súa esposa Amalasunta ao lago de Bolsena e ordenou matala no 535.Annales du Moyen Age III. Libraire Lagier. 1825. p. 13. O asasinato de Amalasunta foi usado polo emperador bizantino Xustiniano I para non recoñecer a lexitimidade do reinado de Teodato e invadir Italia.Diccionario universal (1855), p. 245 A "reconquista" de Italia polo Imperio Bizantino foi denominada como "Guerra gótica de Italia" (535-554)Sirago (1999), p. 11 e levaría case dúas décadas e sería máis destrutora que as invasións xermánicas dos dous séculos anteriores.
A acción bélica iniciouse coa invasión do sur de Italia. Despois de que Belisario, xeneral do Imperio, conquistase Nápoles en 536, Teodato foi deposto polo seu pobo que elixiu a Vitixes como o seu sucesor e morreu asasinado cando trataba de fuxir camiño de Rávena.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Reis dos ostrogodos Categoría:Finados en 536 Categoría:Dinastía Amala