Daydream Nation é un álbum da banda de rock alternativo estadounidense Sonic Youth, editado o 18 de outubro de 1988 a través do selo Enigma Records nos Estados Unidos e Blast First no Reino Unido. En xuño do ano 2007 lanzouse unha versión deluxe que inclúe o disco orixinal remasterizado e un segundo disco con temas ao vivo e versións.
O álbum é considerado a obra mestra da banda e trátase dunha peza fundamental na escena do rock alternativo, sendo un dos poucos álbums de rock elixidos pola Biblioteca do Congreso estadounidense para ser conservado no "National Recording Registry".
No ano 2002, a publicación Pitchfork Media elixiuno o mellor disco da década na súa lista dos 100 mellores álbums dos anos 80, e a Rolling Stone situouno no posto 329 na súa lista dos 500 mellores álbums de todos os tempos.
Composición e gravación O método estándar de composición de Sonic Youth implicaba que Thurston Moore incorporase ideas melódicas e cambios de acordes que a banda pasaría varios meses transformando en cancións de longa duración. En vez de reducir as cancións como fixera o grupo con discos anteriores, o proceso de composición de meses para Daydream Nation resultou en longas improvisacións, algunhas delas de máis de media hora. Varios amigos da banda, incluído Henry Rollins, eloxiaran as longas improvisacións da banda e dixéranlle ao grupo que os seus discos nunca as capturaran. Con Moore nunha racha de composición, o álbum finalmente tivo que ser ampliado a un álbum dobre.Browne 2008, p. 264
Sonic Youth gravou Daydream Nation no estudio Greene St. Recording de Nova York. O enxeñeiro do estudio, Nick Sansano, estaba afeito a traballar con artistas de hip hop. Sansano non sabía moito sobre Sonic Youth, pero era consciente de que a banda tiña un son agresivo, polo que lles mostrou aos membros da banda o seu traballo en "Black Steel in the Hour of Chaos" de Public Enemy e en "It Takes Two" de Rob Base and DJ E-Z Rock. O grupo adoptou o son dos discos.Browne 2008, pp. 254-262 Sonic Youth contratou tres semanas de gravación no Studio A de Greene Street, comezando a mediados de xullo de 1988. A banda pagou 1 000 dólares (uns 2 659 dólares en 2024) por día de estudo, que era o máximo que pagaran por gravar un álbum ata ese momento.Browne 2008, p. 261
Debido á cantidade de preparación que a banda dedicou á composición da súa música, o proceso de gravación foi eficiente.Browne 2008, p. 265 As sesións apresuráronse case ao final, cando Paul Smith, o xefe do selo británico da banda, Blast First, fixou a data de masterización para o 18 de agosto. Debido á presión do tempo, Kim Gordon non quedou contenta con algunhas das súas tomas vocais. A banda pasou unha noite enteira creando unha mestura final para as tres partes de "Trilogy", para que puidese ser masterizada á mañá seguinte. O disco finalmente custou 30 000 dólares (79 765 dólares en 2024), o que levou a Moore a referirse ao álbum como "o noso primeiro disco non económico".Browne 2008, p. 267
Formatos e edicións O álbum lanzouse orixinalmente en CD, casete e dobre vinilo de 12 polgadas. Esta edición orixinal, de outubro de 1988, saíu en Estados Unidos (a través de Enigma), no Reino Unido (Blast First), Australia (AuGoGo), Países Baixos (Torso) e Grecia (DiDi Records) en vinilo; nos Estados Unidos, o Reino Unido e os Países Baixos en CD; e en casete nos dous primeiros países.
En 1992 Mute Records relanzou o disco en CD no Reino Unido, e os días 22 e 23 de novembro de 1993 DGC/Geffen reeditou o álbum en CD nos Estados Unidos e Europa, e en casete nos Estados Unidos.
En xullo do ano 2007 apareceu a versión "deluxe", a través do selo Geffen Records. Esta edición realizouse nos formatos de 4 vinilos de 12" e no de dobre CD.
Ademais destas versións oficiais, existe unha edición pirata editada en Rusia no ano 1991 pola discográfica AnTrop, aparecendo como un único vinilo de 12 polgadas.
Listaxe de cancións
Nalgunhas edicións do álbum, incluídas todas as dixitais, todas as partes de “Trilogy” están separadas nos seus propios cortes.
Edición de luxo En 2007 publicouse unha edición de luxo de Daydream Nation, con versións ao vivo de todos os temas do álbum, ademais de gravacións de estudio dalgunhas versións. O 17 de xullo de 2007 lanzouse unha versión de 4 vinilos.
O lanzamento de catro vinilos da edición de luxo tiña unha listaxe de cancións lixeiramente distinta que a edición en CD. Os dous primeiros discos teñen os mesmos temas que o lanzamento orixinal en vinilo. Porén, a demo caseira de "Eric's Trip" está no final do cuarto disco, en vez de ao final do álbum orixinal.
Notas
Bibliografía
Categoría:Álbums de Sonic Youth Categoría:Álbums musicais de 1988