300px|miniatura|dereita|Imaxe das Illas Cíes, as cales forman parte do único Parque Nacional galego. Un parque nacional é, no marco lexislativo español, un espazo natural declarado como parque por estar pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, co cal a súa conservación merece unha atención preferente. Poden ser marítimos ou terrestres, e encontrarse na montaña, no mar, no deserto ou en calquera outro espazo definido xeograficamente.

O único parque nacional galego é o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

O termo de parque nacional pode ser unha figura legal similar noutros estados para a conservación de espazos naturais.

Parques nacionais por estados España En España existen os seguintes espazos naturais clasificados como "parques nacionais":

Nome Comunidade autónoma Data de declaración Superficie (ha.) Aigüestortes i Estany de Sant Maurici Cataluña 21/10/1955 14119 Archipélago de Cabrera Illas Baleares 29/4/1991 10021 Cabañeros Castela-A Mancha 20/11/1995 40856 Caldera de Taburiente Canarias 6/10/1954 4690 Doñana Andalucía 16/10/1969 54252 Garajonay Canarias 15/3/1981 3984 Illas Atlánticas Galiza 1/7/2002 8480 Monfragüe Estremadura 2/3/2007 18396 Ordesa e Monte Perdido Aragón 16/8/1918 15696,20 Picos de Europa Asturies 24/7/1918 67127,59 Serra de Guadarrama Madrid, Castela e León 25/7/2013 33960 Serra Nevada Andalucía 11/1/1999 85883 Tablas de Daimiel Castela-A Mancha 28/6/1973 3030 Teide Canarias 22/1/1954 18990 Timanfaya Canarias 9/8/1974 5107,50

Galiza En Galiza ademais dos parques nacionais cabe engadir os espazos declarados polo goberno autonómico, os parques naturais. Ambas son as categorías de das áreas naturais protexidas de maiores restricións, co mesmo nivel de amparo e que lle corresponde á comunidade xestionalos. O único parque nacional galego é o Parque Nacional das Illas Atlánticas, que cobre ás illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, todas nas rías Baixas. As illas Cíes foron declaradas en 1980 como parque natural e declaradas máis tarde, canda as demais illas das Rías Baixas, como Parque NacionalNorma RD 2497/1980 publicada no BOE/DOGa 15/11/1980

Portugal A lexislación portuguesa ten recoñecido só ao Parque Nacional de Peneda-Gerês como parque natural. Este forma parte da reserva da biosfera galego-portuguesa Gerês-Xurés.

Notas

Categoría:Parques nacionais