O río Anllo é un pequeno curso fluvial galego da provincia de Lugo, afluente do Miño, no seu curso alto e pola súa marxe dereita.

Étimo O nome pode corresponder a un étimo latino *rivu angulu, "río en ángulo", posibelmente respondendo ao seu curso sinuoso, como está ben demostrado para Riaño, na provincia de León.

Descrición miniatura|220px|dereita|Sinal do río Anllo. O Anllo nace ó pé do Cordal de Neda, na xunta dos regos da Ponte Vella e de Lousas, na ponte dos Currás, no concello lugués de Abadín, co nome de rego da Xesta. Nos seus primeiros quilómetros de percorrido recolle as augas de numerosos regos que baixan dende o Xistral e o Cordal de Neda, e recibe os nomes de rego de Gontán, e río Abadín. Logo de atravesar a parroquia das Goás recibe definitivamente o nome de Anllo. Penetra no concello de Cospeito e divídese en dous brazos: o dereito coñécese como río Guisande e desemboca no Támoga tras bañar a lagoa de Cospeito, mentres que o Anllo continúa polo brazo esquerdo. Máis adiante volve dividirse en dous, formando unha grande insua na parroquía de Roás. Despois de atravesar as parroquias de Momán e Xermar desauga no Miño no muíño do Toural, entre os lugares de Amorín (parroquia de Triabá, Castro de Rei) e Vilaguisada (parroquia de Xermar, Cospeito). O seu percorrido total é de 42 km.

O Anllo é un río de réxime pluvial, consonte unha pluviosidade de tipo oceánico. A media de precipitacións da súa conca de 1.166 mm anuais.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ríos de Galicia

Anllo Categoría:Afluentes do Miño Categoría:Topónimos de ríos galegos con etimoloxía