dereita|miniatura|O escudo de Sisto Henrique de Borbón-Parma. Sisto Henrique de Borbón-Parma,Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega. (en ) chamado polos seus seguidores Sisto Henrique de Borbón-Parma e Borbón-Busset, nado en Pau (departamento dos Pireneos Atlánticos) o 22 de xullo de 1940, é un aristócrata francés, duque de Aranjuez e príncipe de Parma e Piacenza. É o líder do grupo carlista coñecido como Comuñón Tradicionalista, representando cos seus seguidores, chamados "sistinos", a vertente máis tradicionalista do carlismo, e considérase o rexenteAnte la muerte de Carlos Hugo de Borbón Parma Secretaría Política de Don Sixto do trono de España pola rama carlista

Traxectoria Foi o segundo fillo do Duque Xabier de Borbón-Parma (máis tarde príncipe rexente e despois pretendente tamén ó trono español e Duque de Parma) e de Madalena de Borbón-Busset.

Xa dende pequeno mostrou as súas intencións de acceder ó trono e declarouses favorable ás causas Carlistas. Cursou os seus estudos en colexios Beneditinos e nos Maristas, así como dereito, linguas modernas e clásicas e finanzas. En 1965 alistouse na Lexión Española baixo o alcume de Henrique de Aranjuez e o 2 de maio dese mesmo ano fixo a xura de bandeira o que o excluía de compromisos políticos (contrariamente do que ocorre hoxe en día, xa que a xura de bandeira amosa tamén fidelidade cara á Constitución española de 1978.

Os seguidores de Sisto de Borbón acusaron o seu irmán máis vello, Carlos Hugo de Borbón-Parma, de abandonar os ideais que a súa familia sempre apoiara e consideraban que Sisto era o líder do Comuñón Tradicionalista. Namentres que o seu irmán Carlos Hugo abandonara as pretensións carlistas cara ao trono e reconciliárase co Estado Español, Sisto Henrique autonomeouse rexente cando o seu pai, o Duque Xavier de Borbón-Parma, morreu en 1977.

Na primavera de 1976, na romaría de Montejurra, un grupo de seguidores de Sisto de Borbón composto por membros da Comuñón Tradicionalista, a Irmandade de Excombatentes, Unión Nacional Española e Fuerza Nueva, acompañados por pistoleiros ultradereitistas españois, arxentinos, italianos e franceses agrediu ós militantes do Partido Carlista partidarios de Carlos Hugo de Borbón nos chamados Sucesos de Montejurra. O resultado do incidente foi a morte de dúas persoas aínda que non se conseguiu o obxectivo que era o de alterar o apoio maioritario do Partido Carlista a Carlos Hugo quen foi ratificado un ano despois.

Sufriu un grave accidente de automóbil en 2001 e como consecuencia diminuíu a súa actividade pública, porén apoiou a candidatura de Jean-Marie Le Pen, o candidato da Fronte Nacional nas eleccións de 2002 e 2007.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web de carlismo.es

Categoría:Casa de Borbón-Parma Categoría:Nobres de España Categoría:Carlismo Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados en Pau