miniatura|300 px|dereita|Estaleiros de Sestao miniatura|300 px|dereita|Fragata Fridtjof Nansen, construída no estaleiro de Ferrol para a Armada Noreguesa Izar construcciones navales foi constituída como sociedade en xullo de 2000, situándose como noveno grupo naval do mundo e segundo de Europa, sendo resultado da fusión entre Estaleiros Españois (AESA), sociedade que aglutinaba os estaleiros públicos civís:
Astilleros de Cádiz Juliana Constructora Xixonesa Manises Diesel Engine Company Astilleros y Talleres del Noroeste (ASTANO) Astilleros de Puerto Real Astilleros de Sestao Astilleros de Sevilla
e os estaleiros públicos militares Bazán:
Ferrol Cartagena San Fernando
En decembro de 2004 a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), accionista e xestora do grupo, decide a segregación da rama militar de Izar, creando en marzo de 2005 a sociedade Navantia, formada polos estaleiros de:
Izar Ferrol Izar Fene (anteriormente ASTANO) Izar Puerto Real Izar San Fernando Izar Cádiz Izar Cartagena
estando a produción civil dos mesmos limitada a un 20% da actividade total do grupo. En abril de 2005 a SEPI comeza o proceso de liquidación de Izar, que desde entón non pode conseguir novos contratos.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de Izar Sitio web de Navantia Sitio web do curso do 65 de Astano
Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Empresas de capital público Categoría:Empresas de construción naval