Hans Magnus Enzensberger, nado en Kaufbeuren o 11 de novembro de 1929 e finado en Múnic o 24 de novembro de 2022, foi un poeta e ensaísta alemán.

Traxectoria Enzensberger naceu en 1929 en Kaufbeuren, unha pequena localidade de Baviera e era o máis vello de catro irmáns. Fixo parte da última xeración de intelectuais con escritos formados polas súas experiencias de primeira man no Terceiro Reich.Entre os seus contemporáneos estaban Günter Grass (nado en 1927), Martin Walser (1927) e Jürgen Habermas (1929). A familia Enzensberger mudouse a Nürnberg en 1931. Julius Streicher, fundador e editor de Der Stürmer, era o seu veciño de porta. Enzensberger uniuse ás Xuventudes Hitlerianas na súa adolescencia, mais foi expulsado pouco despois. "Sempre fun incapaz de ser un bo camarada. Non podo permanecer na fila. Non está no meu carácter. Pode ser un defecto, mais non podo evitalo".

Estudou Xermanística, Literatura e Filosofía nas Universidades de Erlagen, Friburgo e Hamburgo, completando a súa formación na Sorbona de París, doutorándose en 1955.

Entre 1965 e 1975 foi membro do "Grupo 47". En 1965 fundou a revista Kursbuch, e desde 1985 dirixiu a colección literaria Die andere Bibliothek (A outra biblioteca).

Traballou como redactor na radio de Stuttgart e exerceu a docencia ata 1957.

No ano 2002 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.

Obra

Ensaio

Politik und Verbrechen : neun Beiträge (1964) Der kurze Sommer der Anarchie. Buenaventura Durrutis Leben und Tod (O curto verán da anarquía; vida e morte de Durruti, 1972) As aporías da vangarda. Politische Brosamen (1982) Ach, Europa! Wahrnehmungen aus sieben Ländern (1987) Der Zahlenteufel. Ein Kopfkissenbuch für alle, die Angst vor der Mathematik haben (O diaño dos números, 1997; ilustracións de Rotraud Susanne Berner) Die Große Wanderung (1992) Aussichten auf den Bürgerkrieg (1993) Mediocridade e Delirio Elemento para unha teoría dos medios de comunicación (1971)

Teatro Voltaires Neffe. Eine Fälschung in Diderots Manier (1996)

Poesía verteidigung der wölfe (1957) landessprache (1960) Mausoleum. 37 Balladen aus der Geschichte des Fortschritts (1975) PoesGedichte. Die Entstehung eines Gedichts (1962) Zukunftsmusik (1991) Der Untergang der Titanic (1978) Leichter als Luft. Moralische Gedichte (1999) Die Geschichte der Wolken. 99 Meditationen (1993)

Premios 1956: Hugo Jacobi. 1963: Georg Büchner. 1985: Heinrich Böll. 1993: Erich Maria Remarque. 1998: Heinrich Heine. 1998: Pasolini. 2002: Ludwig Börne. 2002: Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Premios Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades Categoría:Nados en Baviera Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2022