A Illa de Jersey forma parte do arquipélago das Illas da Canle, é unha bailía (bailiwick en inglés) ou pequeno territorio británico na Canle da Mancha. Ten unha poboación de 84.082 persoas e a capital é Saint Helier. No ano 933, a illa foi tomada polo Ducado de Normandía no norte de Francia. Cando en 1066 os normandos invadiron Inglaterra, Normandía e Inglaterra foron unidas baixo unha monarquía. Durante a idade media, Inglaterra perdeu moitas das súas posesións feudais no continente europeo pero conservou as súas illas na Canle da Mancha, incluíndo Jersey.

Como a Guernsey e as outras illas da Canle da Mancha, a economía de Jersey baséase nos servizos financeiros, o turismo e a agricultura. Nos Estados Unidos de América, o estado de Nova Jersey tomou o seu nome da illa de Jersey.

Como nas demais illas da Canle da Mancha a poboación nativa ten como lingua nai o francés, máis exactamente un subdialecto do dialecto normando; deste xeito a poboación nativa adoita chamar á súa illa: Jèrriais (pronuncia aproximada: "yerié").

Historia

Política e goberno de Jersey A lexislatura elixida da illa chámase Os Estados de Jersey. Hai dous partidos organizados, a Alianza Democrática de Jersey (Jersey Democratic Alliance) e o Partido do Centro (Jersey) (Centre Party of Jersey); pero agora todos os deputados dos Estados de Jersey son independentes.

O xefe de goberno é un administrador electo chamado Bailiff, e o xefe de estado é o Tenente Gobernador, que é designado por a Raíña. O actual Tenente Gobernador é tenente xeneral Andrew Ridgway. Tamén hai un Xefe Ministro (Chief Minister), agora Frank Harrison Walker. Legalmente Jersey non forma parte integral do Reino Unido. Tradicionalmente a Raíña utiliza o título de Duque de Normandía en Jersey.

Jersey está dividido en "parishes" (parroquias); cada parish ten un condestable (inglés constable, francés connétable), elixido polos habitantes.

Xeografía

alt=|thumb|Vista satélite de Jersey thumb|dereita|Mapa das illas de Bailiwick de Jersey thumb|Mapa grande e detallado de Jersey Jersey é unha illa que mide 119´6 km²(ou 66.436 vergées), incluíndo as Terras gañadas ao mar e a zona intermareal. Atópase na Canle inglesa, a uns 22 km. da Península de Cotentin en Normandía, Francia, e preto de 161 km. ao sur de Gran Bretaña. É a maior e máis meridional das illas da Canle e parte das illas británicas, cunha elevación terrestre máxima de 143 m por riba. nivel do mar."Ascent of Jersey High Point on 2009-09-12" Peakbagger.com. Sources vary on the elevation of Les Platons. Its height is often listed at 143 m, as well as 136 m. Retrieved 2012-06-23.

Cerca do 24% da illa está construída. O 52% da superficie está dedicada ao cultivo e ao redor do 18% é medio natural..Atópase dentro do -2° O de lonxitude e a latitude 49° N. Ten un litoral de 70 km. de lonxitude e unha superficie total de 119.6 km². Mide aproximadamente de oeste a leste e de norte a sur, o que lle dá o nome cariñoso entre os veciños de "nove por cinco".

A illa está dividida en doce parroquias; o máis grande é St Ouen e a máis pequena é St Clement. A illa caracterízase por unha serie de vales que xeralmente corren de norte a sur, como Waterworks Valley, Grands Vaux, Mont les Vaux, aínda que algúns discorren noutras direccións, como Le Mourier Valley. O punto máis alto da illa é Les Platons con 136 m..

Hai varios grupos de illas máis pequenos que forman parte da Bailía de Jersey, como Les Minquiers e Les Écrehous, pero a diferenza das illas máis pequenas da Bailía de Guernsey, ningunha destas está habitada permanentemente.

Demografía

Economía

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía Balleine's History of Jersey, Marguerite Syvret and Joan Stevens (1998) Jersey Through the Centuries, Leslie Sinel, Jersey 1984, A Biographical Dictionary of Jersey, G.R. Balleine

Arqueoloxía The Archaeology of the Channel Islands. Vol. 2: The Bailiwick of Jersey by Jacquetta Hawkes (1939) The Prehistoric Foundations of Europe to the Mycenean Age, 1940, C. F. C. Hawkes Jersey in Prehistory, Mark Patton, 1987 The Archaeology and Early History of the Channel Islands, Heather Sebire, 2005. Dolmens of Jersey: A Guide, James Hibbs (1988). A Guide to The Dolmens of Jersey, Peter Hunt, Société Jersiaise, 1998. Statements in Stone: Monuments and Society in Neolithic Brittany, Mark Patton, 1993 Hougue Bie, Mark Patton, Warwick Rodwell, Olga Finch, 1999 The Channel Islands, An Archaeological Guide, David Johnston, 1981 The Archaeology of the Channel Islands, Peter Johnston, 1986

Gando One Hundred Years of the Royal Jersey Agricultural and Horticultural Society 1833–1933. Compiled from the Society's Records, by H.G. Shepard, Secretary. Eric J. Boston. Jersey Cattle, 1954

Relixión The Channel Islands under Tudor Government, A.J. Eagleston Reformation and Society in Guernsey, D.M. Ogier International Politics and the Establishment of Presbyterianism in the Channel Islands: The Coutances Connection, C.S.L. Davies Religion, History and G.R. Balleine: The Reformation in Jersey, by J. St John Nicolle, The Pilot Magazine The Reformation in Jersey: The Process of Change over Two centuries, J. St John Nicolle The Chroniques de Jersey in the light of contemporary documents, BSJ, AJ Eagleston The Portrait of Richard Mabon, BSJ, Joan Stevens

Outros artigos

Ligazóns externas gov.je Páxina oficial do goberno de Jersey Visit Jersey Government owned tourism website Jerripedia Online history and family history encyclopedia Vote.je Elections in Jersey Jersey . The World Factbook. Central Intelligence Agency. Locate Jersey Jersey, from the BBC News Jersey Evening Post Prehistoric Jersey JerseyShops.co.uk – local retailers

Jersey Categoría:Illas do Reino Unido Jersey