Ċ ċ Ė ė Ġ ġ İ ı Ż ż O punto é un diacrítico que pode ser combinado con algunhas letras do alfabeto latino.
Historia Na antigüidade o alfabeto latino escribíase sen signos diacríticos, pois o i tampouco levaba punto, nin en maiúscula nin en minúscula. Cando se comezou utilizar o j tamén se fixo sen punto.
No século XII comezan a aparecer letras i cun acento agudo para evitar a confusión co u. Así, a palabra prıuılegıı escribiríase prıuılegíí. Co tempo este uso estendeuse a todos os i, converténdose o acento nun punto para facelo máis lexible.
Punto superior O punto superior é usado en: Romanización do árabe: o ġ representa a letra ghayin. Na tipografía tradicional irlandesa, onde o punto representa lenición e é chamado ponc séimhithe ("punto de lenición"): ''. A lenición tamén pode ser representada por un h que siga á letra, por exemplo: bh ch dh fh gh mh ph st th. Na ortografía do irlandés antigo, o punto só foi usado para , mentres que o h seguindo á letra foi usado para ch ph th; a lenición doutras letras non estaba indicada. A práctica estándar foi usa-lo punto superior para a escritura gaélica e o h seguindo á letra para escribir en Antiqua. Por exemplo, ċ e ch representan o mesmo elemento fonético en irlandés moderno. Lituano: ė Maltés: ċ ġ ż Polaco: ż En lakota e dakota indica unha pausa explosiva. En turco o punto superior do i (en maiúscula, İ) é unha parte da letra, non un diacrítico. Na escritura devanagari o punto superior chámase anusvara. No checheno emprégase sobre c, ç, g, x, q.
Usos non lingüísticos En Matemáticas e Física utilizouse un punto superior para representar a derivada respecto ao tempo: . Porén, esta notación, chamada notación de Newton non se considera estándar.
Punto inferior Na transliteración do sánscrito e doutras linguas indo-arias indica unha consoante retroflexa. Na Romanización de linguas semíticas, representa énfase. En linguas afroasiáticas: Ṛ No asturiano empréganse ḷḷ e ḥ para representar as variantes dialectais occidentais (ḷḷ ← ll) e orientais (ḥ ← f). En lingua o'odham: Ḍ En vietnamita indica o ton. En ioruba, emprégase baixo as letras o, e e s. En nez perce emprégase baixo o x. En igbo indica a redución da abertura da vogal.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Punto medio Punto de lista Punto (puntuación)
Categoría:Tipografía Categoría:Diacríticos