O 22 de maio é o 142º día do ano do calendario gregoriano e o 143º nos anos bisestos. Quedan 223 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1541 - Tras rematar sen acordo a Conferencia de Ratisbona, que buscaba a reunificación da Igrexa católica, nace o protestantismo como unha nova relixión. 1542 - O rei Carlos I de España ordena que se mande remediar las crueldades que se cometen en las Indias. 1622 - Rompe a corda que sostén o botafumeiro e cae debaixo dun taboado que se estaba preparando para as festas do Corpus"Ano a ano", La Voz de Galicia 3.09.1988.. 1762 - Suecia e Prusia asinan o Tratado de Hamburgo. 1875 - Noruega adopta o sistema métrico decimal. 1890 - Publícase por primeira vez Os pinos de Eduardo Pondal. 1904 - Inaugúrase en Carral o monumento aos Mártires da Liberdade. 1906 - Os irmáns Wright patentan o seu "artefacto voador". 1931 - Proclámase a liberdade relixiosa en España. 1960 - Chile: Un tremor de 9,5 graos escala Richter sacudiu Santiago e Concepción, desatando ondas xigantescas e erupcións volcánicas. Unhas 5.000 persons morreron e dous millóns quedaron sen fogar. 1972 - Promúlgase a nova constitución de Sri Lanka (antiga Ceylan). 1990 - Unificación do Iemen do Norte co Iemen do Sur, formando a República do Iemen 1992 - A ONU admite a Eslovenia, Croacia e Bosnia e Hercegovina. 2004 - Casan o príncipe de Asturias Filipe de Borbón e a periodista Letizia Ortiz Rocasolano.
Nacementos miniatura|100px|Richard Wagner. 1813 - Richard Wagner, compositor alemán (m. 1883). 1833 - Manuel Ruiz Zorrilla, militar e político español (m. 1895). 1849 - Xoán Neira Cancela, escritor e xornalista galego (m. 1909). 1853 - Álvaro Domínguez Arines, avogado e político galego (m. 1906). 1859 - Arthur Conan Doyle, médico e escritor británico, creador de Sherlock Holmes (m. 1930). 1867 - Manuel Becerra Fernández, político español (m. 1940). 1885 - Giacomo Matteotti, político socialista italiano (m. 1924). 1894 - Salvador Etcheverría Brañas, avogado e diplomático galego (m. 1957). 1907 - Laurence Olivier, actor e cineasta británico (m. 1989). 1907 - Georges Remi, máis coñecido como Hergé, debuxante belga, creador d'As aventuras de Tintín (m. 1983). 1912 - Herbert Charles Brown, químico estadounidense de orixe británica, premio Nobel de Química en 1979. 1912 - Francisco Vega Ceide, poeta galego (m. 1936). 1912 - Antonio Quintela Ferreiro, mestre, xornalista e escritor galego. 1924 - Charles Aznavour, cantante, compositor e actor francés. 1925 - Jean Tinguely, escultor suízo. 1949 - Carmen Panero, escritora e crítica literaria galega. 1952 - Manuel Vilariño, fotógrafo galego. 1959 - Morrissey, cantante e compositor inglés. 1970 - Naomi Campbell, modelo británica. 1973 - Fátima Baeza, actriz española.
Mortes miniatura|100px|Victor Hugo. 337 - Constantino I o Grande, César na primeira tetrarquía organizada por Diocleciano o 1 de marzo de 293 (n. 272). 1855 - José Rúa Figueroa, xornalista e revolucionario galego (n. 1820). 1868 - Julius Plücker, matemático alemán (n. 1801). 1885 - Victor Hugo, escritor francés (n. 1802). 1895 - Isaac Peral, científico español (n. 1851). 1898 - Edward Bellamy, escritor americano (n. 1850). 1937 - Víctor Martínez Rodríguez, avogado e político galego (fusilado). 1997 - Xosé Antonio Silva, xornalista e escritor galego (n. 1938). 1999 - Luís Mariño, xornalista e editor galego (n. 1941). 2010 - Martin Gardner, divulgador científico e filósofo da ciencia estadounidense (n. 1914). 2018 - Philip Roth, escritor estadounidense (n. 1933).
Festas e celebracións Día internacional da Diversidade Biolóxica
Outros Santoral: santa Rita de Casia (patroa dos imposibles), Quiteria, Rosana e Xulia.
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Maio